spot_img
InicioVal MiñorGondomarO concurso fotográfico “Gondomar, un banco para o mundo” fai públicas as...

O concurso fotográfico “Gondomar, un banco para o mundo” fai públicas as 26 fotos presentadas

gondomar-promove-concurso-fotografico-ter-tamen-seu-mellor-banco-do-mundoXa se puede votar as 26 fotos presentadas ao concurso fotográfico “Gondomar, un banco para o mundo”.

O concurso fotográfico “Gondomar, un banco para o mundo” fai públicas as 26 fotos presentadas. Todas elas en lugares fermosos ou de panorámicas expectaculares do noso concello, merencentes de ser indentificados e promocionados. Pero finalmente, o xurado composto polo arquitecto Antonio Soliño, o directivo do IEM Xilberte Manso e o fotógrafo Juán Chamorro decidiu acotar a 10, o número total de fotografías que pasan a fase de valoración popular, mediante voto telemático.

Veñen de facer público o resultado das súas deliberacións e decisións. Reunido o xurado que tiña que valorar as fotografías do Concurso fotográfico “Gondomar, un banco para o mundo” decidiu seleccionar 10 fotos que pasaran á fase de votación popular telemática. Deste xeito decidirase o lugar onde Gondomar coloca un banco para o Mundo, emprazamento onde as Vistas Panorámicas do Concello , do Val Miñor ou da costa inviten a repousar, a deter o tempo, a sentarse para contemplar sen reloxio o espectacular panorama que se presenta diante dos nosos ollos.

Algunhas fotos corresponden ao mesmo lugar, por tanto, os votos recibidos por cada foto dun mesmo lugar, serán sumados e computados para ese emprazamento. Haberá dúas modalidades de premios: Un para a fotografía gañadora, e outro para sorteo entre os votantes.

O premio é intransferible e consistirá na entrega dun diploma acreditativo, e unha cea para duas persoas nun restaurante de Gondomar para a fotografía que máis votos acumule e outro, consistente nun teléfono móvil a sortear entre todos os participantes que emitan votos telemáticos. As fotografías presentadas que se presentaron foron sacadas desde as seguintes parroquias: Borreiros, Couso, Donas, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros e Vincios.

A votación no concurso “Gondomar, un banco para o mundo  xa está activa, podese participar entrando no seguinte enlace. https://pr.easypromosapp.com/promotions/821151

- Publicidade -spot_img