spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaConcerto de Guadi Galego na "Rede de Músicas Soltas" en Redondela

Concerto de Guadi Galego na “Rede de Músicas Soltas” en Redondela

Concerto-Guadi-Galego-"Rede de Músicas Soltas"-Redondela A Rede de Músicas Soltas, organizada pola Concellaría de Cultura e mais a Central Folque, continúa este sábado co concerto de GUADI GALEGO.

Este ciclo desenvólvese en Redondela de xaneiro a xuño, nunha cita mensual coas mellores músicas populares contemporáneas galegas e peninsulares, en formato próximo e acústico.

O sábado 21 de marzo, ás 21.00 h, o auditorio da Xunqueira acolle o concerto de Guadi Galego, no que presenta o seu novo traballo Lúas de outubro e agosto.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena musical galega, cunha traxectoria musical moi intensa e rica: foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, e tamén formou parte como intérprete e compositora doutros proxectos colectivos como Nordestin@s, Espido e aCadaCanto.

Guadi Galego preséntase agora cun son máis pop e unha expresión artística máis madura e atrevida, con matices máis melódicos pero á vez máis arriscados. Presenta Lúas de outubro e agosto, o seu segundo traballo como solista tras o álbum Benzón, publicado en 2009.

As cancións incluídas neste novo traballo teñen o nexo común da esencia do vivido, preñado de madurez, emoción, intensidade e delicadeza. É un exercicio de inspiración que procura vías non exploradas e propón unha música sincera e sorprendente.

Este segundo álbum de Guadi Galego gravouse en xuño de 2014 nos estudos Alis Records de Baeza, coa produción musical de Pachi Alis, que soubo entender a Guadi e conseguir un resultado sofisticado e sorprendente. Conta coas colaboracións de Santi Cribeiro ao acordeón e Pablo Pascual aos clarinetes.

As entradas, á venda dende hoxe no propio multiúsos da Xunqueira, custan 4 €.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.