Inicio Vigo e área Soutomaior Soutomaior celebra este fin de semana a sús XV Certame e Exposición...

Soutomaior celebra este fin de semana a sús XV Certame e Exposición de Camelia

Soutomaior-celebra-este-fin-semana-XV-Certame-Exposición-CameliaO escenario incomparable do Castelo de Soutomaior acolle, un ano máis, un dos festivais florais de referencia na comarca

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de Cultura e Turismo, Dores Cernadas, presentaron onte no Castelo de Soutomaior a XV edición do Certame da Camelia que se celebra este fin de semana.

O Castelo de Soutomaior, coa súa gran colección de exemplares desta olorosa e apreciada flor, converterase un ano máis no escenario perfecto para un festival referencia na comarca e que alcanza xa a súa XV edición. Máis de 60 expositores xa teñen confirmada a súa asistencia ademais das composicións florais que se poderán gozar en diversos escaparates en Arcade e Soutomaior.

Máis de cen metros cadrados de composicións florais coas variedades máis buscadas encherán as salas do Castelo de Soutomaior. Este ano a mostra contará con máis de 30 expositores locais e 25 doutros municipios como Salceda ou Vilagarcía de Arousa, superando así as 60 composicións florais e confirma o éxito de participación desta edición.

Os alumnos dos colexios Santiago Apostol e a Escola de Romariz de Soutomaior tamén competirán este ano coas súas exposicións coa beleza e orixinalidade cos escaparates de varios comercios locais, adornados con esta fermosa flor típica de Galicia.

O Certame da Camelia é un dos fins de semana máis esperados do ano para os afeccionados á xardinaría e a floricultura ao que tradicionalmente asisten máis de mil persoas. A exposición poderase visitar a partir do sábado pola tarde e durante toda a xornada do domingo e constitúe unha magnífica oportunidade para gozar dos xardíns de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior. O sábado o horario da exposición será de 16:00 a 20:00 horas mentres que o domingo a mostra estará aberta desde o dez da mañá.

O xurado está formado por membros da Asociación Española da Camelia e o seu fallo e a entrega de premios terá lugar ás 18:00 horas do domingo. Esta edición conta con varias clases de premios. As categorías da mellor Flor, a Mellor Composición Artística e o Mellor Traballo Escolar contarán con trofeos para o tres mellores propostas. Ademais haberá premios para os dous mellores concursantes nas disciplinas de Mellor Flor en Escaparate e Mellor Composición Artística en Escaparate e o Premio Especial Lelita Gradín, en honra á creadora orixinal do certame. Os triunfadores en cada categoría recibirán un exclusivo exemplar desta apreciada especie floral. No caso dos traballos escolares, os premios incluirán un lote de libros para nenos.

Desde o Concello de Soutomaior destácase a colaboración prestada pola Deputación de Pontevedra para a celebración do certame mediante a cesión do recinto do Castelo ademais dalgúns premios e do mesmo xeito, agradece o magnífico traballo realizado polos traballadores do parque do Castelo en colaboración con empregados municipais na montaxe dos expositores.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies