spot_img
InicioVal MiñorBaionaConcerto de dinamización lingüística no Auditorio V Centenario de Baiona

Concerto de dinamización lingüística no Auditorio V Centenario de Baiona

concerto-de-dinamizacion-linguistica-no-auditorio-v-centenario-de-baionaEste domingo 10 de abril, ás 6 da tarde,  terá lugar no Auditorio V Centenario de Baiona o concierto en directo de Pablo Díaz, Xente miúda, moita fartura,  actividade subvencionada polo programa Falaredes 2016 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Cultura de Baiona.

Dito concerto vai dirixido a nenos e nenas cunha idade comprendida entre os 0 e 5 anos coa finalidade de realizar una labor de dinamización lingüística dando a coñecer cancións infantís e creando ao mesmo tempo recursos  para as familias e educadores que necesitan temas lúdicos co que levar a cabo as rutinas elementáis dos pequerrechos,  como gardar os xoguetes, a alimentación saudable, parabéns no aniversario, aprendendo e xogando ao mesmo tempo.

Neste caso, Pablo Díaz, rodéase con dous grandes coñecidos músicos Carmen Rey (piano e voz) e Tito Calviño (guitarra acústica), con ritmos e melodías para os máis cativos este domingo no Auditorio de Baiona.

 

- Publicidade -spot_img