Inicio Baixo Miño O Concello de Tomiño traballa na construción do primeiro pantalán 100% accesible...

O Concello de Tomiño traballa na construción do primeiro pantalán 100% accesible do Miño

concello-tomino-traballa-na-construcion-do-primeiro-pantalan-100-accesible-do-minoO proxecto contempla unha rampla que permita embarcar e desembarcar ás persoas con diversidade funcional polos seus propios medios

O Concello de Tomiño e a Axencia de Turismo de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración para a construción dun pantalán na zona de Goián que facilite o acceso das persoas con diversidade funcional ao espazo natural do Miño.

Trátase do primeiro pantalán cento por cento accesible que garante a autonomía das persoas con diversidade funcional para embarcar ou desembarcar, xa que todas as infraestruturas deseñadas ata o de agora nos tramos navegables do río soamente son accesibles con mareas medias ou altas, deixando con marea baixa pendentes de ata o 45%.

Cun orzamento de 161.000 euros, a través deste convenio estase a construír unha rampla e pantalán que cumpra todas as medidas de ángulo, caída e ancho necesarias para facilitalo acceso das persoas con diversidade funcional á parte baixa do río Miño e ao seu estuario. Coa base xa feita e a estrutura a piques de colocarse, as obras de construción rematarán a principios de decembro.

Este proxecto levouse adiante coa colaboración da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, unha organización sen ánimo de lucro que busca procurar a este colectivo os recursos necesarios para fomentar a súa autonomía e autorrealización, e do Club Sen Amarras, que traballa pola inclusión das persoas con mobilidade reducida no ámbito dos deportes náuticos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies