Inicio Pontevedra Concello de Vigo e Deputación homenaxearán a Neira Vilas cunha escultura de...

Concello de Vigo e Deputación homenaxearán a Neira Vilas cunha escultura de “Balbino”


concello-de-vigo-e-deputacion-homenaxearan-a-neira-vilas-cunha-escultura-de-balbino

 

 

 

 

 

 

 

O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación asinaron este xoves un protocolo de colaboración para a instalación –estimada no mes de marzo– dunha escultura en granito de “Balbino”, personaxe de “Memorias dun Neno Labrego”, como “homenaxe” ao seu autor, o recentemente falecido Xosé Neira Vilas.

A obra ubicarase no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido

Abel Caballero e Carmela Silva rubricaron este xoves un protocolo entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, un marco de colaboración para a instalación no entorno da biblioteca municipal Neira Vilas, en Martínez Garrido, dunha escultura en granito de “Balbino”, personaxe creado polo autor galego na súa obra “Memorias dun Neno Labrego”.

Segundo explicou o alcalde ao remate, a obra “ten un gran interese simbólico” e correrá a cargo da Escola de Canteiros da Deputación Provincial. Caballero avanzou que estará instalada ao longo do mes de marzo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies