spot_img
InicioVigo e áreaVigoConcello de Vigo e Colexio de Arquitectos renovan o convenio para as...

Concello de Vigo e Colexio de Arquitectos renovan o convenio para as VI Xornadas de Arte Urbana

concello-de-vigo-e-colexio-de-arquitectos-renovan-o-convenio-para-as-vi-xornadas-de-arte-urbanaO convenio entre o Concello de Vigo e o Colexio de Arquitectos para celebrar este sábado 21 de outubro as VI Xornadas de Arte Urbana foi aprobado este venres pola Xunta de Goberno do Concello

Revista Cousas De Nº19

Abel Caballero apuntou que entre as actividades programadas na praza do edificio do Colexio Oficial de Arquitectos, situada na rúa Doutor Cadaval, levarase a cabo a batalla de arte mural que convoca aos creadores emerxentes da cidade. Prolongarase desde as 10,30 da mañá ata as 16,30 da tarde.

A sede dos arquitectos acollerá, de 11 da mañá a 12,30 do mediodía, as xornadas centradas no concepto de acupuntura urbana así como as posibilidades da súa aplicación en Vigo. Trátase dunha práctica de deseño arquitectónico que expón a rexeneración urbana. “É unha reflexión que faremos co Colexio de Arquitectos da forma de resolver o problema dos espazos non construídos ou de edificacións derruidas polo paso do tempo”, explicou o rexedor.

Abel Caballero sinalou que o convenio tamén preparará para “a limpeza das medianeiras, e as pinturas ao aire libre”. O rexedor indicou que Vigo é a cidade europea con máis actuacións en arte urbana. “Hai que distinguir moi ben entre arte urbana e pintadas”, advertiu Abel Caballero ao avanzar que os “grafittis están a ser borrados e as medianeiras son unha forma excepcional de facer arte na rúa”.

O programa tamén contempla un taller infantil de 16 a 20 horas. O Concello de Vigo encárgase de toda a infraestrutura de montar e desmontar a actividade e o Colexio de Arquitectos cede de forma gratuíta os medios técnicos e o salón con capacidade para 90 participantes nas xornadas.

concello-de-vigo-e-colexio-de-arquitectos-renovan-o-convenio-para-as-vi-xornadas-de-arte-urbana

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.