spot_img
InicioVal MiñorNigránConcello de Nigrán e Fundación Cume uníronse co obxectivo común de sinalizar...

Concello de Nigrán e Fundación Cume uníronse co obxectivo común de sinalizar o Camiño de Santiago pola costa ao seu paso polo municipio

O novo marcado desvíase nalgún punto con respecto ao realizado hai anos para ir por sendas que se achegan máis ao Camiño orixinalO peregrino pasará agora polas Igrexas de San Pedro e San Félix,   camiñará pola senda dos ríos  Muíños e Nespereira e aproximarase á igrexas de Santiago de Parada, único templo de Nigrán dedicado ao Apóstolo

O alcalde e a concelleira de Turismo, xunto con membros da fundación e demais participantes, percorreron os aproximadamente 10 km de traxecto para marcalo claramente con pintura amarela. A nova sinalización, que se atopaba nun estado moi deficiente despois de anos sen ser tocada (nin sequera se marcou durante o Xacobeo 2010, cando se recoñeceu oficialmente)  supón algún pequeno desvío con respecto á ruta  marcada anteriormente, co obxectivo de ser máis fiel ao orixinal e ao mesmo tempo evitar zonas de estrada sen interese para ir por carreiros máis atractivos como o do río Muíños e Nespereira, as igrexas de San Félix e San Pedro ou de Santiago de Parada, único templo e parroquia cuxo patrón é o Apostolo e que será sinalizada apropiadamente cun panel informativo.

O novo marcado desvíase nalgún punto con respecto ao realizado hai anos para ir por sendas que se achegan máis ao Camiño orixinal

“Queremos que se poña en valor esta ruta porque non só ten un valor cultural e patrimonial incalculable senón que, ademais, supón un revulsivo máis para o turismo en Nigrán e en todo o Sur da provincia de Pontevedra”, indica  Juan González, alcalde do municipio e quen pide á Xunta “máis apoio para difundila”. O propio rexedor lembra que precisamente en Nigrán, no Pazo de Pías da Ramallosa, atópase o único establecemento do Val Miñor que pode selar a compostelá oficialmente, “un motivo engadido para potenciar a ruta pola costa”.

Concello-Nigrán-Fundación-Cume-uníronse-obxectivo-común-sinalizar-Camiño-Santiago-pola-costa-seu-paso-polo-municipio

A Fundación Cume leva a cabo diferentes proxectos de axuda ao desenvolvemento, voluntariado, sensibilización… Neste caso, a difusión e promoción do Camiño portugués pola costa é o eixo dos seus proxectos culturais, para o que mesmo crearon a web www.caminoporlacosta.es. Nigrán é o primeiro municipio que uniu forzas coa fundación para realizar o marcado conxuntamente (en Baiona fíxoo o Concello pola súa conta e en Vigo ou Redondela aínda non obtiveron permiso).

O pintado realizado o luns arrinca na ponte romana da Ramallosa, sobe ata o Pazo de Pías (albergue oficial onde se pode selar a compostelá), continúa paralela ao Pazo da Robaleira chegando á Igrexa de San Pedro dende onde o peregrino diríxese cara ao río Muíños  e Nespereira, atravesando Nigrán dende San Félix e o Camiño da Dehesa para percorrer o último tramo polo bosque dende o Pazo de Cea ata  Priegue, unha vez pasado o Pazo de Lúa o Camiño en Nigrán  finaliza na rotonda de Saiáns, onde oficialmente empeza o termo municipal de Vigo.

Esta ruta de peregrinación xa tiña gran importancia na Idade Media, sendo fundamentalmente utilizada por peregrinos O novo marcado desvíase nalgún punto con respecto ao realizado hai anos para ir por sendas que se achegan máis ao Camiño orixinalprocedentes das terras máis occidentais de Portugal, entre os cales se incluían os procedentes de países de ultramar que arribaban aos portos portugueses para chegar ata Compostela. Ao longo do seu 78 km, en España discorre desde A Guarda ata Redondela, atravesando os municipios do Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, e Vigo ata que chega a Redondela, onde continúa o mesmo traxecto que fan os peregrinos procedentes do camiño portugués que transcorre polo interior. Con todo, esta variante costeira para a que o Concello  de Nigrán pide maior apoio e difusión foi aínda recoñecida oficialmente pola Xunta en 2010.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.