spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Arribada de Baiona consegue o título de "Fiesta de Interés Turístico...

A Arribada de Baiona consegue o título de “Fiesta de Interés Turístico Internacional”

arribada-baiona-historia-feita-festaA Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo do Goberno de España declarou outorgarlle o título honorífico de “Fiesta de Interés Turístico Internacional” á Festa: ‘A Arribada da Carabela Pinta a Baiona’.

O galardón é a máxima catalogación de carácter honorífico coa que se pode distinguir a un evento cultural do patrimonio español. Satisfeito o equipo de goberno coa noticia, aproveita para reclamar que se corrixa o erro no pasaporte que sitúa a chegada da primeira carabela en Portugal, en lugar de Baiona

A secretaria de Estado de Turismo, Isabel Borrego, comunicoullo hoxe ao alcalde de Baiona, Anxo Rodal Almuiña, a través dunha misiva.

O rexedor local, agradece á secretaria de Estado o apoio mostrado para conseguir esta distinción que, segundo Rodal, é o recoñecemento público ao traballo incondicional dos baioneses e ao amor que toda a vila sente por este festexo.

Arribada-Baiona-consegue-título-Fiesta-Interés-Turístico-Internacional
O novo equipo de goberno xunto aos carteis das últimas Arribadas

Aos baioneses debémoslle este anhelado galardón. O equipo de goberno de Baiona traballou moi duramente para conseguir esta distinción. Tamén foi fundamental a implicación dos veciños coa festa. Con todo isto conseguímolo”, subliñou o alcalde.

O primeiro edil tamén encomiou o traballo realizado pola concellería de Turismo que dirixía ata a semana pasada María Iglesias Fernández, especialmente ao persoal da Oficina de Turismo que se encargou de preparar toda a documentación presentada, así como á directora de Turismo de Galicia e a cantas persoas e entidades contribuíron en facer posible que este soño convértase en realidade.

Arribada-Baiona-consegue-título-Fiesta-Interés-Turístico-InternacionalCabe lembrar que a obtención desta catalogación é unha vella aspiración do consistorio baionés que deu un paso en firme o pasado mes de outubro cando se cumpriron cinco anos da solicitude da Arribada como “Fiesta de Interés Turístico Internacional”.

Tan só cinco anos e apenas un mes despois e, tras unha ardua tarefa de recompilar documentos e certificacións que acreditan a traxectoria e importancia deste popular festexo, hoxe a Festa ‘A Arribada da Carabela Pinta a Baiona’é xa Fiesta de Interés Turístico Internacional”.

Ademais a festa baionesa é a máis nova en facerse coa prestixiosa honra. Os trámites para o recoñecemento iniciáronse unha vez obtida a luz verde da corporación no primeiro pleno ordinario do novo mandato dos populares, o pasado 2 de xullo, a concellería de María Iglesias pediu un informe á Xunta para que apoiase á petición e seguidamente dirixiuse ao Goberno central. Desde aO novo equipo de goberno xunto aos carteis das últimas Arribadas secretaria de Estado de Turismo consideraron que se cumpren todos os requisitos: a celebración ten un profundo calado histórico e cultural; implica completamente aos veciños; atrae a miles de visitantes; ano tras anos recibe representantes gobernamentais nacionais e de sudamérica ou centroamérica, así como delegacións dos pobos irmáns; e, finalmente, ten repercusión en medios internacionais.

Baiona conseguiu un transcendental reto para a súa promoción turística e cultural. Coa distinción de Festa de Interese Turístico Internacional, a Arribada ve incrementado o seu prestixio e a difusión da conmemoración anual da chegada da carabela A Pinta coa noticia do Descubrimento.

O novo equipo de goberno xunto aos carteis das últimas Arribadas

Foron diversas as iniciativas nos últimos anos para levar a festa miedeval a todos os recunchos do mundo. A última, un novo anuncio con miles de descargas nas redes sociais que “imaxinaba” a retransmisión do Descubrimento vía Twitter.

Pola súa banda, María Iglesias, a Concelleira de Turismo ata a semana pasada, mostrouse enormemente satisfeita pola distinción e agradeceu ao pobo de Baiona a súa implicación. Iglesias adiantou na rolda de prensa o próximo reto ao que se enfrontará a concellería de turismo: “A nosa nova intención tras alzarnos coa máxima catalogación para A Arribada será realzar a Semana Santa Baionesa, xa que é unha das máis antigas de Galicia. Temos que empezar a sacarlle partido e a promocionala e poñer en valor a Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.