spot_img
InicioVal MiñorNigránComezaron os traballos en Nigrán para facer máis accesible a planta baixa...

Comezaron os traballos en Nigrán para facer máis accesible a planta baixa do Concello

comezaron-os-traballos-en-nigran-para-facer-mais-accesible-a-planta-baixa-do-concello

O Concello de Nigrán aprobou o pasado 3 de decembro o proxecto de “Reforma básica de condicións de accesibilidade da casa consistorial e o seu entorno”, unha obra cun custe previsto inicialmente de 132.995,56 euros e que será financiada ao 100% pola Deputación de Pontevedra

A reforma e acondicionamento circunscríbese ao entorno inmediato do Concello e á planta baixa do edificio antigo, un espazo moi deteriorado polo uso, a carencia de reformas (a última foi en 2013 para reubicar Servizos Sociais) e cunha distribución pouco axeitada para o seu correcto funcionamento. O resultado é que actualmente non estaba adaptado ás normativas que foron xurdindo e, consecuentemente, presenta problemas de accesibilidade.
 
Á erradicación dos obstáculos físicos únense os sensoriais, xa que no grupo de traballo composto co centro de Educación Especial Juan María se acordarán a instalación de pictogramas, sinais ou letreiros comprensibles tamén para persoas con discapacidade intelectual.
 
Así, adecuaranse aseos (non hai ningún adaptado), ampliarase e substituirase a porta de entrada (se lle engadirá rampa de acceso), eliminarase o peldaño semicircular existente no interior do Concello, crearanse itinerarios accesibles, eliminaranse as zonas acristaldas para facer aberto todo o espazo, renovarase o mobiliario.. A maiores se incluirá un sistema de renovación do aire, un sistema de falso teito con illamento acústico, mudarase o pavimento por un antideslizante ou a instalación eléctrica substituirase por LED (máis eficiente).
O Auditorio Municipal será a entrada ata que finalicen as obras.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.