Inicio Pontevedra O Salnés Comezan os campamentos de verán "Depo Aventura A Lanzada"

Comezan os campamentos de verán “Depo Aventura A Lanzada”

comezan-os-campamentos-veran-depo-aventura-lanzadaA deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, destacou o carácter inclusivo desta iniciativa na que participarán 45 menores con diversidade funcional

 A deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, deulle esta mañá a benvida á primeira quenda de nenas e nenos dos campamentos de verán da Deputación de Pontevedra “Depo Aventura A Lanzada”, que comezan hoxe e se desenvolverán ata o vindeiro 9 de setembro.  Digna Rivas destacou o carácter inclusivo desta iniciativa, á que a institución provincial destina 240.000 €, e na que participarán preto de 45 rapaces e rapazas con diversidade funcional ao longo do verán.

Segundo explicou a deputada provincial, a pesar de que todos os monitores e monitoras dos campamentos contan coa capacitación necesaria para atender as necesidades específicas destes e destas menores con necesidades especiais, aqueles que o precisen contarán con persoal de apoio extra que garanta a súa total integración. Así, nesta primeira quenda, un monitor ou monitora extra atenderá as necesidades dos e das 6 menores con diversidade que estarán na Lanzada entre o 25 de xuño  e o 1 de xullo.

O obxectivo deste programa, que este ano por primeira vez inclúe actividades de inmersión lingüística en inglés, é que os 2.200 menores que pasen pola Lanzada empreguen o seu tempo libre no verán participando en actividades de carácter lúdico, cultural, artístico, medioambiental, deportivo e formativo que contribúan ao seu enriquecemento persoal e lles faciliten coñecer outros lugares fóra da súa contorna habitual.

En total, o programa oferta 2.200 prazas das cales a Deputación de Pontevedra subvenciona co 50% 1.900 prazas, debendo aboar as familias interesadas 100 € por praza, 80 € no caso das familias numerosas. As 300 prazas restantes, dirixidas a menores en situación ou risco de exclusión social, serán subvencionadas ó 100%. Neste caso concreto, 260 prazas destinaranse ás nenas e ós nenos en situación ou risco de exclusión social dos concellos da provincia de Pontevedra, 25 a nenas e nenos do Centro Príncipe Felipe e 15 para aquelas e aqueles que se atopen en situación de tutela ou garda administrativa doutros centros da provincia.

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies