Inicio Baixo Miño Comezan as primeiras actividades do Orzamento Participativo Transfronteirizo “Amizade Cerveira – Tomiño”

Comezan as primeiras actividades do Orzamento Participativo Transfronteirizo “Amizade Cerveira – Tomiño”

comezan-as-primeiras-actividades-do-orzamento-participativo-transfronteirizo-amizade-cerveira-tominoO Orzamento Participativo Transfronteirizo está englobado dentro da Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza “Amizade Cerveira – Tomiño”.

O programa desta primeira actividade estréase baixo o nome “Accesibilidade sen Fronteiras” cunha serie de accións deseñadas para tódalas persoas interesadas en participar, dun xeito inclusivo e sen barreiras.

A programación, que arranca o domingo 3, continuará ata o martes 5 entre o Concello de Tomiño e o Concello de Vilanova de Cerveira.

A andaina deste domingo polo Parque de Lecer do Casteliño ás 11:00 horas da mañá, é o evento inaugural da iniciativa. Trátase dunha andaina adaptada, permitindo o acceso e a participación de toda a xente interesada en acudir, onde se adiantarán algúns detalles da futura ponte peatonal entre os Concellos veciños.

A xornada do luns 4 de setembro contará coa presenza de Sandra González, a Alcaldesa do Concello de Tomiño, e Fernando Nogueira, presidente da Câmara de V.N. Cerveira. Nesta sesión celebraranse dúas ponencias relacionadas coa accesibilidade universal no territorio, e dous obradoiros prácticos de temática integradora.

Rematando a programación prevista, a mañá do martes 5 terá lugar unha actividade deportiva adaptada de remo e slálom no Peirao do Clube de Remo VNC, para a que se espera unha gran afluencia de público.

No comité organizativo de todas estas primeiras actividades atópanse asociacións e entidades tanto do territorio portugués coma do galego, que baixo a súa alianza de cooperación transfronteiriza buscan un desenvolvemento integral da zona por medio da cohesión territorial.

Toda a información e as inscricións están dispoñibles no Facebook da OMIX de Tomiño, https://es-es.facebook.com/omix.tomino/

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies