spot_img
InicioO SalnésComeza o Curso de Monitor de Fútbol Base de Ribadumia

Comeza o Curso de Monitor de Fútbol Base de Ribadumia

MonitorRibadumia1

 A Casa da Cultura de Ribadumia deulle a benvida onte ó Curso de Monitor de Fútbol Base que se desenvolverá en Ribadumia cunha duración dun mes aproximadamente.

O curso arrincou con uns 40 alumnos, cifra que representa un gran éxito de participación

Á presentación do curso acudiu Manuel Mosquera, Director da Escola de Adestradores, para recibir ós participantes e repartir o material que lles servirá ao longo de todo o curso. Ó primeiro día acudiron ao redor de 40 alumnos, o que se considera “todo un éxito” en palabras do propio Mosquera, e os interesados aínda están a tempo de inscribirse ao longo de esta semana –prazo máximo-.

Mosquera recordou que a partir de setembro será obrigatorio ter como mínimo o diploma de Monitor de Fútbol Base para poder adestrar en categorías base e aproveitou para resaltar a calidade deste curso, coordinado polo preparador físico e adestrador do Ribadumia, Félix Fernández Cao.

José Luis Uhía, “Piscis”, adestrador do Arosa, vai a ser o encargado de impartir as clases de técnica e táctica e xa lles anunciou aos alumnos que haberá unha parte teórica na Casa da Cultura e unha parte práctica no campo de fútbol. O directivo do C.D. Ribadumia, Manuel Mougán, tamén acudiu á presentación para animar aos futuros adestradores a disfrutar da actividade e a aproveitala para a súa formación.

O curso, organizado pola Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Ribadumia e os clubs de fútbol locais, non se fixera antes no municipio, e tendo en conta as cifras de participación, xa se pode considerar todo un éxito.

O diploma proporcionará ós alumnos a formación necesaria para desenvolver o seu traballo e acreditará ós alumnos a adestrar equipos federados ata a categoría cadete (excepto nas ligas de división de honor cadete, a liga galega cadete e a liga galega infantil, nos que será necesario o Nivel 1).

A formación tamén permite ós alumnos que finalicen o curso a convalidación do Bloque de Prácticas no momento no que lle interese realizar o Curso de Nivel 1 “Federativo” de Instructor de Fútbol Base.

A pesar de que o curso xa comezou, os interesados aínda están a tempo de presentar a solicitude no Concello de Ribadumia ou a través da páxina da fetgal ao longo desta semana.

Curso-Monitor-Fútbol-Base-Ribadumia

 

 

 

 

 

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.