Inicio Pontevedra O Salnés Comeza a intervención arqueolóxica para impulsar a recuperación patrimonial do xacemento da...

Comeza a intervención arqueolóxica para impulsar a recuperación patrimonial do xacemento da Lanzada

comeza-a-intervencion-arqueoloxica-para-impulsar-a-recuperacion-patrimonial-do-xacemento-da-lanzada

Dende hoxe e ata novembro poderase ver o traballo de recuperación patrimonial do xacemento, centrado na ampliación da zona de visitas e na escavación da área romana.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, do alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita,  e o presidente da Comunidade de Montes de Noalla visitaron esta mañá o xacemento do Campo da Lanzada, en Sanxenxo, no que a institución provincial comezou hoxe a intervención arqueolóxica para impulsar a súa recuperación patrimonial, ampliar a zona de visitas e escavar a área romana para aclarar cronoloxías. Esta actuación, que se estenderá ata novembro de 2016, estará aberta ó público co fin de que poidan ver en directo o traballo dun equipo de arqueoloxía.

Carmela Silva destacou que “espazos como o Campo da Lanzada demostran que somos un pobo cunha longa historia, que desenvolvíamos actividades comerciais de grande envergadura, comerciando con puntos do Mediterráneo como Palestina, Italia ou Tunisia”. Amais, a Presidenta da Deputación de Pontevedra manifestou que “todo o que aquí se vai descubrir porá en valor a nosa historia, como vivíamos, a que nos dedicábamos, cales eran as nosas formas de relacións sociais e económicas” e, para elo,  “un equipo de máis de 20 especialistas en arqueoloxía da Deputación de Pontevedra van a traballar ata novembro, triplicando o espazo actualmente escavado e permitindo que os visitantes poidan ver en primeira persoa como recuperamos a nosa historia e reconstruímos a nosa identidade”.

O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, fixo fincapé na importancia desta actuación “para a dinamización turística do noso concello e para poñer en valor, o que pasou aquí desde hai milleiros de anos”.

Pola súa banda, o arqueólogo da Deputación, Rafael Rodríguez, deu a coñecer a relevancia do xacemento do Campo da Lanzada, “ocupado desde o século VIII a.C. ata o X d.C. e no que se sitúa a primeira factoría de salgados do noroeste”.  En canto á intervención arqueolóxica, Rodríguez explicou que “se centrará no que parecen dúas ocupacións da época romana do século I d.C. e III d.C. pero tamén se realizarán varias sondaxes para poder visualizar e definir a extensión do xacemento, comprobar se era unicamente unha factoría de sal, un castro diferente por non ter defensas, unha vila romana, un punto de control marítimo así como tratar de localizar o Mosteiro de Santa María de Lanceaca, do século VIII d.C.”.

comeza-a-intervencion-arqueoloxica-para-impulsar-a-recuperacion-patrimonial-do-xacemento-da-lanzada

A Lanzada trátase dun xacemento moi interesante para coñecer o mundo da Idade de Ferro no noroeste peninsular e a importancia das relaciones comerciais que desde A Lanzada se establecían, que situaban ó asentamento nos circuítos comerciais daquel momento.  Neste eido, nas intervencións realizadas ata o de agora, atopáronse restos situados entre a Idade de Bronce e do Ferro, tamén achados de cabanas de madeira con recuberto de pallabarro (século VI a.C.), construcións de mampostería de plantas circulares e anguladas, así como restos de edificacións cuadrangulares e de plantas complexas (século II-III d.C.), dunha necrópole dos séculos III-IV d.C. ou dunha fortificación para a defensa da costa contra as invasións normandas do século X d.C.

A intervención na Lanzada forma parte do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
282SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies