spot_img
InicioLatinoaméricaColonia do Sacramento (Uruguai) recibe ao Director Xeral Adxunto da UNESCO

Colonia do Sacramento (Uruguai) recibe ao Director Xeral Adxunto da UNESCO

colonia-do-sacramento-recibe-ao-director-xeral-adxunto-da-unescoNo marco da súa primeira visita a Uruguai e Arxentina (do 28 de febreiro ao 5 de marzo de 2016), o Director Xeneral Adxunto da UNESCO, Sr. Getachew Engida, visitou o Barrio Histórico de Colonia do Sacramento, incluído na Lista do Patrimonio Cultural da Humanidade en 1995.

Ao peche da súa misión en Uruguai, e tras reunirse con autoridades do devandito país, o día mércores 2 de marzo, o Sr. Getachew Engida desprazouse ata Colonia do Sacramento. Alí visitou o Palacio de Goberno Departamental, onde se reuniu co Intendente de Colonia, Dr. Carlos Moreira.

Posteriormente, participou na firma do Acordo entre a Intendencia e o Ministerio de Educación e Cultura (MEC), con relación á xestión do Barrio Histórico.

A firma deste acordo reviste gran importancia, xa que concreta anos de traballo por un mellor manexo do sitio fronte aos desafíos que presenta a xestión. Neste sentido, a presenza de Sr. Engida dá forza á expresión de vontade conxunta das partes na implementación do Plan de Xestión.

Ademais, durante a súa visita a Colonia, participou do descubrimento da Placa de UNESCO en adhesión ao 20 Aniversario da inscrición do Barrio histórico de Colonia do Sacramento á Lista do Patrimonio Mundial. Esta placa, que foi descuberta o pasado 2 de marzo, foi entregada pola Directora da Oficina Rexional de Ciencias da UNESCO para América Latina e o Caribe, Sra. Lida Brito ao Intendente de Colonia, Sr. Carlos Moreira, en decembro do 2015, no marco da conmemoración polos 20 anos de Colonia do Sacramento.

A visita do Director Xeral Adxunto da UNESCO en Colonia, culminará cunha percorrida polo Barrio Histórico, onde se albiscará o criterio que deu lugar á súa inscrición na lista do patrimonio mundial (o feito de que o sitio sinala exemplos eminentemente representativos dun tipo de construción ou de conxunto arquitectónico que ilustra un ou varios períodos significativos da historia), así como o seu estado de conservación.

Más información:

Entrevista con el Director General Adjunto de UNESCO, Sr. Getachew Engida (Oficina de la UNESCO en Montevideo)

- Publicidade -spot_img