spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaCOGAMI, 18 anos atendendo a persoas con discapacidade do concello da Guarda

COGAMI, 18 anos atendendo a persoas con discapacidade do concello da Guarda

COGAMI, 18 anos atendendo a persoas con discapacidade do concello da GuardaNa xornada do pasado venres día 25 de febreiro, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse con representantes de COGAMI para recibir información e facer unha valoración do servizo que este colectivo está prestando no municipio.

O Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI, posto en marcha en 1996 como aposta pola inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral, atende ás persoas con discapacidade do concello da Guarda dende hai 18 anos. Para evitar que estas persoas se teñan que desprazar ás cidades, dende COGAMI achegan o servizo á poboación, sendo a orientadora laboral a que se desprace ata os concellos de zonas rurais.

Este servizo conta agora cunha nova orientadora laboral, Laura Malvar, quen estivo acompañada na xuntanza mantida o pasado venres pola coordinadora da oficina que COGAMI ten en Vigo, Susana Rodríguez.

Actualmente, o servizo de emprego de COGAMI conta cunha base de datos que contempla 71 persoas inscritas de A Guarda , 28 mulleres e 43 homes.

Ademais de entrevistar ás persoas con discapacidade, tamén contactan coas empresas e comercios da zona para captar tanto ofertas de emprego como tamén para a acollida en prácticas de persoas que se forman nos cursos que imparte anualmente COGAMI co fin de formar e reciclar ás persoas que están apuntadas na base de datos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.