spot_img
InicioPontevedra e ÁreaDeza e Tabeirós - Terra de MontesCodeseda celebrou a vixésimo quinta edición da súa Festa da Malla Tradicional

Codeseda celebrou a vixésimo quinta edición da súa Festa da Malla Tradicional

codeseda-celebrou-a-vixesimo-quinta-edicion-da-sua-festa-da-malla-tradicionalA parroquia lalinense de Doade celebrou este sábado a vixésimo quinta edición da súa Festa da Malla Tradicional, unha cita de interese turístico que contribúe a manter viva a cultura labrega do interior da provincia

Revista Cousas De Nº22

 

A festa comezou arredor das 11 horas desta mañá de sábado coa apertura da mostra de artesanía, maquinaria e pintura. A continuación tivo lugar a demostración da malla tradicional, que incluíu o carrexo de mollos, malla á pedra, con males ou manual e un acto de entrega de premios aos mellores vestidos de época. Unha charanga precedeu ao inicio do xantar popular e ao Serán da Malla, con actuacións folclóricas.

O presidente provincial, xunto co alcalde de Lalín, José Crespo; amosou o seu coñecemento sobre os labores do campo participando na demostración da malla

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este sábado na vixésimo quinta edición da Festa da Malla Tradicional que se celebra cada ano en Codeseda, na parroquia lalinense de Doade, e que está catalogada como festa de interese turístico de Galicia.

codeseda-celebrou-a-vixesimo-quinta-edicion-da-sua-festa-da-malla-tradicional

O mandatario provincial percorreu o recinto da festa e, acompañado polo alcalde de Lalín, José Crespo, participou na demostración da malla.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Desde a Deputación amosan o apoio á celebracións coma esta Festa da Malla Tradicional pola súa importancia para manter viva a cultura labrega e pola súa capacidade para dinamizar a vida social e comercial nas aldeas e parroquias do interior da provincia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.