spot_img
InicioVigo e áreaVigoChega a Vigo unha exposición itinerante sobre o patrimonio natural das reservas...

Chega a Vigo unha exposición itinerante sobre o patrimonio natural das reservas de biosfera galegas

Chega a Vigo unha exposición itinerante sobre o patrimonio natural das reservas de biosfera galegasA directora xeral de Patrimonio Natural e a delegada territorial da Xunta en Vigo inauguran a exposición itinerante sobre estes espazos, que permanecerá na praza da Estrela ata o xoves, 16 de decembro

Co obxectivo de que os vigueses coñezan o patrimonio natural que atesouran as sete reservas de biofera de Galicia, a Xunta levou a Vigo a exposición itinerante sobre estes espazos. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en colaboración co Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia (Ceida), para celebrar o 50 aniversario da creación do programa sobre o Home e a Biosfera (MaB) da Unesco.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inauguraron esta mañá esta exposición que permanecerá na praza da Estrela -fronte á Delegación Territorial- ata o 16 de decembro; de onde partirá para chegar a Santiago de Compostela, o vindeiro sábado, 18 de decembro.

A exposición, composta por nove paneis informativos, pon o foco nos valores medioambientais, culturais e paisaxísticos que atesouran as reservas, así como na importancia de apostar polo desenvolvemento sostible para facilitar a actividade económica e social de quen habita estes espazos.

Galicia conta con seis Reservas da Biosfera que representan o 25% do territorio da Comunidad Autónoma. Ademáis, unha delas é interautonómica (con Asturias) e outra internacional (con Portugal). As reservas son:

Reservas da Biosfera

As Reservas de Biosfera foron concibidas non 1974 polo Grupo de Traballo do Programa sobre o Home e a Biosfera (MaB) da UNESCO para conciliar a preservación da diversidade biolóxica e dos recursos co seu uso sustentable. Constitúen lugares excepcionais para a investigación, a observación a longo prazo, a formación, a educación e a sensibilización do público, permitindo ao mesmo tempo que as comunidades locais participen plenamente na conservación e o uso sostible dos recursos. Considera que tamén constitúen lugares de demostración e polos de acción no marco das políticas de desenvolvemento rexional e de ordenamento do territorio.

Chega a Vigo unha exposición itinerante sobre o patrimonio natural das reservas de biosfera galegas

Constitúen un elemento esencial do Programa MaB (Home e Biosfera) da UNESCO. Son áreas de ecosistemas terrestres, costeiros ou mariños nos que se promove a investigación, a observación a longo prazo, a educación ambiental e a sensibilización do público. Nelas, promóvese a conservación dos recursos naturais e o desenvolvemento económico e social das comunidades locais, tendo en conta todas as necesidades sociais, culturais, económicas dos seus poboadores, xunto cunha función de coñecemento científico e apoio loxístico, para alentar actividades de investigación, educación, formación para a conservación e o desenvolvemento sostenible.

- Publicidade -spot_img