spot_img
InicioVal MiñorNigránChega a Nigrán 'De Pontevedra a Río 2016' unha exposición en homenaxe...

Chega a Nigrán ‘De Pontevedra a Río 2016’ unha exposición en homenaxe aos e ás deportistas que participaron nas últimas olimpiadas

olímpicos-pontevedraA mostra, que inaugurará a Deputada de Deportes, Chelo Besada, permanecerá aberta ata o día 30 deste mesna Casa do Concello da vila

A Casa do Concello de Nigrán acolle dende este luns, día 19,“De Pontevedra a Rio 2016”, a exposición fotográfica da Deputación de Pontevedra coa que a institución provincial quere render homenaxe aos e ás deportistas olímpicos e olímpicas e paralímpicos e paralímpicas da provincia de Pontevedra que participaron na última edición tanto dos Xogos. A mostra será inaugurada ás 19:30 horas pola Deputada de Deportes, Chelo Besada, na casa consistorial da vila, situada na Praza da Constitución, e poderase visitar neste espazo público ata o vindeiro venres 30.

Esta é a terceira vila da provincia, tralas de Tui e Cambados, que acolle esta mostra itinerante que comezou no Pazo Provincial o pasado mes de outubro e que seguirá percorrendo durante 2017 diversas localidades da provincia. No concello deNigrán permanecerá exposta até o venres 30 de decembro e o horario de visitas é o horario de apertura da Casa consistorial, isto é, de 8:00 a 15:00 horas.

A exposición recolle o palmarés dos e das 16 deportistas olímpicos, olímpicas e paralímpicose paralímpicasda provincia de Pontevedra, nuns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas. Os 16 de “Rio 2016” son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Marín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.

- Publicidade -spot_img