Inicio Vigo e área Redondela Chapela acolle, esta fin de semana, a Bandeira Concello de Redondela de...

Chapela acolle, esta fin de semana, a Bandeira Concello de Redondela de Traíñas masculina e feminina

Chapela acolle, esta fin de semana, a Bandeira Concello de Redondela de Traíñas masculina e femininaA Casa do Concello de Redondela acolleu, na mañá de hoxe, a presentación da XXXIII Bandeira Concello de Redondela de Traíñas Masculina e a IV Bandeira Concello de Redondela de Traíñas Feminina, acto no que estiveron presentes a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o concelleiro Nacho González e representantes do Club de Remo Chapela.

Cómpre salientar que, tal e como sinalou a alcaldesa Digna Rivas, por primeira vez “Concello de Redondela e Club de Remo Chapela, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento da Bandeira de Traíñas Feminina”.

Nese sentido, a rexedora local redondelá subliñou a importancia de “fomentar e apoiar a presenza da muller no deporte e, que nesta Bandeira Concello de Redondela de Traíñas Feminina, sexan 6 as embarcacións, con 150 remeiras, as que van tomar a saída é un motivo para estar orgullosas”.

A proba disputarase, tanto para a categoría masculina coma feminina, nun campo de regatas no Paseo de Cardona, en Chapela, cun total de 5.556 metros divididos en catro largos que van do peirao dos mexilloeiros de Cardona aos estaleiros de Metalships no Concello de Vigo. O percorrido estará formado por catro calles delimitados con boias coas bandeiras branca, vermella, verde e amarela e, en cada unha, navegará unha embarcación que terá que facer os catro largos ata completar a antedita distancia de 5.556 metros.

Cada traiñeira conta cunha tripulación formada por 13 remeiros/as e un patrón/oa.

Na categoría feminina, as embarcacións participantes serán tres de clubs da provincia de Pontevedra: C.R. Chapela (Redondela); S.D. Tirán Pereira (Moaña) e C.R. Mecos (O Grove) e outras tres da provincia da Coruña: C.R. Perillo (Oleiros); C.M. Mugardos (Mugardos) e C.R. Cabo da Cruz (Boiro).

Estas seis embarcacións repartiranse en dúas tandas de 3 barcos cada unha. A clasificación final será en función do tempo realizado por cada unha das traíñas.

No que fai referencia á categoría masculina, tomarán a saída un total de 10 barcos, catro de Pontevedra –C.R. Coruxo (Vigo); C.R. Chapela (Redondela); C.C.D. Cesantes (Redondela) e C.R. Vila de Cangas (Cangas)–, 5 da Coruña –A.D. Esteirana (Muros); C.R. Perillo (Oleiros); C.M. Mugardos (Mugardos); C.R. Cedeira (Cedeira) e C.R. A Cabana (Ferrol)– e 1 do Principado de Asturias –C.M. Castropol (Castropol)– cun total de 250 remeiros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies