spot_img
InicioBaixo MiñoCCOO presenta o plan de transporte para a comarca do Baixo Miño

CCOO presenta o plan de transporte para a comarca do Baixo Miño

tomino-e-cerveira-reivindican-o-tren-coma-o-transporte-do-futuro-para-os-dous-concellos-fronteirizosO sindicato presentou á alcaldesa de Tomiño un plan de transporte ferroviario que responda ás necesidades sociais e económicas do territorio

Revista COUSAS DE nº14

O sindicato Comisións Obreiras (CCOO) presentou onte no Concello de Tomiño un plan de transporte en tren para a comarca do Baixo Miño, co que pretende crear unha rede que responda ás necesidades territoriais e favoreza o desenvolvemento económico da zona. O plan está especialmente destinado ás poboacións que se interrelacionan con Portugal e que carecen dunha conexión directa coa liña de ferrocarril.

Así pois, o proxecto integraría unha Rede de Cercanías Transfronteiriza entre Viana do Castelo (Portugal) e Vigo, e daría servizo a máis dun millón de persoas, con trens eléctricos e frecuencias xestionadas eficientemente. Deste xeito potenciaríanse simultaneamente as comunicacions intermodais dos municipios do Miño con liñas ferroviarias lusas, corredor Atlántico e servizos de Longa Distancia e AVE.

Antón Conde, Secretario Xeral do Sector Ferroviario en Pontevedra, esbozou ante a alcaldesa (Sandra González) e o concelleiro de Facenda, Planificación Estratéxica e Acción Urbana (Uxío Benítez), as principais liñas de actuación previstas para mellorar as instalacións ferroviarias e as conexións por tren de viaxeiros, viaxeiras e mercadorías para os próximos anos. Todo isto tendo en conta, en palabras de Conde, que a oportunidade que presentan os recursos europeos para favorecer a mobilidade require de propostas que partan das necesidades locais e involucren ás empresas.

A alcaldesa, pola súa banda, manifestou a súa satisfacción ante a proposta do sindicato, lembrando a súa preocupación mantida no tempo polo tema da comunicación terrestre a través de trens que poidan servir aos municipios transfronteirizos, como Tomiño e Cerveira (que conta con estación ferroviaria) para unir cidades como Vigo e Porto.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.