A carreira, de 10 km de percorrido e na que participarán preto de 400 corredores, terá lugar hoxe na contorna de Praia América. O Concello de Nigrán pon o seu equipamento deportivo adaptado a disposición de usuarios do Juan María, que serán transportados polo alcalde de Nigrán, o edil de Deportes de Nigrán e o policía local Fernando Molares, entre outros
Preto de 400 corredores disputan a carreira nocturna H2K Plaza do Concello de Nigrán na súa categoría absoluta, proba que por primeira vez varía o seu percorrido habitual e disputarase na contorna de praia América, o que constitúen un aliciente máis para os atletas. A axenda da H2K Praza Nocturna iniciarase ás seis e media da tarde cunha clase gratuíta de zumba. Ás sete e media será a saída para os máis novos. E ás oito e media para o resto de categorías. Para a sénior establecéronse dous percorridos de cinco e dez quilómetros respectivamente.
Ademais, o Concello porá a disposición de catro usuarios do C.E.E Juan María o seu equipamento deportivo adaptado para que poidan participar na proba. Así, será o propio alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado polo edil de Deportes, Luis Sanromán, e o policía, Local Fernando Molares, quenes manexen os vehículos adquiridos polo Concello o ano pasado.
O Concello de Nigrán investiu a través da Deputación de Pontevedra 18.634 € na adquisición de equipamento deportivo adaptado para o uso das persoas con discapacidade. Estes catro vehículos a pedal están no Pavillón Municipal de Panxón a disposición de todas aquelas persoas con discapacidade e voluntarios que as soliciten. Un dos que mellor as manexa é o policía local de Nigrán Fernando Molares, monitor de DisCamino (proxecto que naceu para unir Discapacidade e Camiño de Santiago axudando a estas persoas a cumplir o seu soño de chegar a Santiago) e quen adica o seu tempo libre a colaborar levando como pasaxeiros a usuarios do centro Juan María.



