spot_img
InicioGaliciaCase 7000 escolares de 75 centros educativos seguirán en directo desde a...

Case 7000 escolares de 75 centros educativos seguirán en directo desde a aula á obra teatral “A festa continúa. Historias de ultratumba”

Case 7000 escolares de 75 centros educativos seguirán en directo desde a aula á obra teatral "A festa continúa. Historias de ultratumba"Un total de 22 espectáculos conforman a proposta de artes escénicas para escolares que Afundación TV levará en directo a aulas de todos os ciclos, adaptándose así á situación provocada pola COVID-19

Case 7000 escolares participarán esta semana nas propostas de artes escénicas programadas por Afundación, a Obra Social de ABANCA.  Unha oferta que,  como o conxunto de actividades educativas para escolares proposta pola entidade, ten como obxectivo reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas, como unha ferramenta que complemente os programas curriculares dos centros escolares e fortaleza a imprescindible dimensión da ética. Este ano, as actividades chegan aos escolares a través dos directos de Afundación TV, previa inscrición aquí

A programación iníciase esta semana coa representación, en galego e en lingua de signos, mañá martes, 3 de novembro ás 10.00 h de A festa continúa. Historias de ultratumba, de Mamá Cabra e Teatro dúas Ghazafelhos, dirixida a 1º e 2º de Primaria. A obra representarase sen público no Teatro Afundación de Vigo e os escolares rexistrados poderán seguila en directo por streaming a través de Afundación TV. Tras a función os escolares poderán traballar na aula cunha guía didáctica e o vindeiro venres 6, tamén ás 10 h, terán un encontro on line con Gloria Mosquera, integrante de Mamá Cabra e mestra do CEIP Emilio González López de Cambre e con Luchi, un dos actores da obra, para compartir con eles en directo as súas impresións sobre a representación e conversar sobre a importancia de preservar os nosos costumes e tradicións.

Tamén retransmitido on line, o xoves 5 de novembro ás 11.00 h On Stage Company presentará o storytelling (contacontos) The elegant elephant, ao que asistirán desde a aula escolares de 1º e 2º de Primaria, co obxectivo de reforzar dun modo divertido o seu coñecemento da lingua inglesa.

Finalmente, o venres 6 de novembro, ás 11.00 h, terá lugar o taller de instrumentos reciclados con Odaiko Percussion Group sobre tubos afinados para tocar cunha zapatilla. O profesor e percusionista Juan Collazo presenta estes talleres, dirixidos a todo o ciclo de Primaria, onde os estudantes aprenden, en directo desde a aula, a facer sons con distintos instrumentos reciclados fabricados por eles mesmos.

As artes escénicas comprenden unha liña de traballo importante para a entidade, xa que están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión e desenvolver habilidades sociais. Así, a programación deseñada por Afundación segue promovendo este curso tamén, en streaming, unha educación en competencias transversais e valores que potencian nos estudantes o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.