spot_img
InicioO SalnésCartel de luxo na V Lanzada Ocean Race

Cartel de luxo na V Lanzada Ocean Race

A Lanzada Ocean Race, organizada polo Club Náutico de Portonovo, disputarase este sábado e domingo nas modalidades de Surfski individual, Dobre, Oc1 e Padel Surf. Walter Bouzán, Carlos Pérez “ Perucho”, Iván Alonso, Óscar Chalupsky e Enmanuel Pimenta protagonistas na quinta edición da proba.
O sábado 8 ás 15:30 darase a saída desde a praia de Major cun percorrido de 8 quilómetros para modalidade de Pádel Surf e o Domingo 9 ás 11 da mañá será a quenda para a proba reina na que participarán preto de 100 deportistas de 4 países (España, Chequia, Sudáfrica e Portugal).
Os participantes terán que completar un percorrido de 17 km con saída na Praia da Lanzada para a categoría de Surfski e Oc1, Entre os favoritos da categoría SS1 están Walter Bouzán vencedor da edición anterior, ademais estarán presentes, o pontevedrés Álvaro Fernández, o surafricano Óscar Chapulpski 10 veces campión do mundo de surfski, así como os campións olímpicos Carlos Pérez e o portugués Emmanuel Silva, tamén participarán Iván Alonso 7 veces campión do mundo de maratón e Luís Amado Pérez bronce no último mundial de maratón.
A clausúra do evento deportivo terá lugar o domingo día 9 ás 14:00 horas nas instalacións que Club Náutico de Portonovo ten no porto deportivo, coa asistencia de autoridades locais provinciais e autonómicas.
- Publicidade -spot_img