spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Carreira Pedestre Popular de Baiona "Andar e Correr"xa conta con 800...

A Carreira Pedestre Popular de Baiona “Andar e Correr”xa conta con 800 inscritos

carreira-pedestre-popular-baiona-andar-e-correrxa-conta-800-inscritosUn total de 800 participantes xa están inscritos para unha nova edición da Carreira Pedestre Popular “Ander e Correr” que vaise celebrar o vindeiro 20 de agosto polas rúas de Baiona.

As concellerías de Deportes e Actividades Marítimas organizan a proba “33 Andar e Correr 2017”, a carreira máis multitudinaria da Vila que reúne cada ano a máis de 2.000 deportistas nun percorrido de 10 quilómetros. As inscricións poden facerse a través da web andarecorrer.com e se pecharán o 16 de agosto. Todos aqueles que se inscriban antes do día 13 recibirán unha camiseta conmemorativa.

O prazo de inscrición remata o 16 de agosto e a proba se celebrará o vindeiro día 20 con saída dende A Palma

A saída efectuarase para os adultos desde a entrada do Parador Conde de Gondomar e para os pequenos desde o parque da Palma, sendo a chegada para todas as categorías no parque da Palma.

A clasificación será absoluta e por categorías. Entregásense trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos vencedores absolutos da carreira (masculino, feminino, primeiro baionés e baionesa). Tamén recibirán un trofeo os primeiros baioneses clasificados (home e muller), que deberán estar empadroados no Concello desde xaneiro do ano en curso.

- Publicidade -spot_img