spot_img
InicioBaixo MiñoCarmela Silva destaca o traballo do alcalde de Tui por recuperar espazos...

Carmela Silva destaca o traballo do alcalde de Tui por recuperar espazos para uso público

carmela-silva-destaca-traballo-do-alcalde-tui-recuperar-espazos-uso-publicoA Presidenta da Deputación inaugurou con Enrique Cabaleiro a recuperación do pavillón da Macoca e a mellora  da área recreativa da Ribeira de Caldelas

Carmela Silva, destacou hoxe o traballo feito polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e todo o seu goberno municipal para recuperar, mellorar e adaptar os espazos públicos da súa localidade para uso dos veciños e veciñas, antes de inaugurar  as melloras do pavillón da Macoca e na área da Ribeira de Caldelas.

Silva coñeceu da man do alcalde a situación do pavillón da Macoca “que tiña moitas deficiencias en materia de seguridade, incluso carecía de proxecto construtivo”, tal e como manifestou Enrique Cabaleiro,  o igual que as áreas recreativas e parques infantís dos cales destacou “que estaban en situación de abandono e deterioro”.

Para a Presidenta da Deputación a cidade de Tui ten “moita sorte” por ter un alcalde e un goberno municipal que garante o uso dos recursos públicos dun xeito adecuado “porque unha se queda moi sorprendida cando ven visitar unha obra do Plan Concellos, que conta con financiación da Deputación pero decidida polo seu alcalde, e se entera de que nin tan sequera tiña proxecto  e incumpría coas normas de seguridade”.  “Grazas o alcalde e, tras esta inversión, recuperamos un ben público para o uso da cidadanía para practicar varias deportes nesta pista”, subliñou Silva.

Igualmente a Presidenta destacou que a obra da que se sentía máis orgullosa “é a de recuperar espazos para o lecer dos máis xoves” como é a área recreativa da Ribeira de Caldelas “para facer cidades máis amables e garantir todos os servizos os seus habitantes”.

En concreto na área de Ribeira de Caldelas investíronse 40.000 euros do Plan Concellos para retirar os xogos que se atopan en mal estado e substituílos por uns novos. Ademais acometeuse un novo pavimento de caucho e outras melloras no seu perímetro.

Na obra do pavillón de Macoca, a Deputación investiu 62.599,83 € para a mellora das gradas e da pista deportiva cun novo pavimento,  adaptouse o espazo para cumprir coa normativa de seguridade para a súa utilización e tamén en caso de haber un incendio (para iso, entre outros aspectos, instaláronse extintores, sinalizáronse as saídas de emerxencia e creáronse percorridos de evacuación), construíronse dúas escaleiras, regulouse a superficie das gradas mediante un morteiro de regularización, acabando as gradas con resinas acrílicas e pintáronse os paramentos verticais, o zócolo perimetral e os horizontais.

Con cargo o Plan Concellos tamén realizouse outra obra de mellora da pavimentación do viario que une os lugares de San Caetano e O Facho. Tivo unha axuda do Plan Concellos 2016 por valor de 42.425,59 €.  Estas tres obras supoñen unha inversión da Deputación de Pontevedra no concello de Tui por valor de 140.00 euros .

VISITA AO ORAL

 Por outra parte, a Presidenta da Deputación, no comezou a súa visita institucional a localidade de Tui achegándose as instalacións do servizo de recadación do ORAL. “Esta oficina presta servizo e  xestiona todos os impostos e taxas dos concellos do Baixo Miño que é fundamental para os concellos máis pequenos pola súa imposibilidade de facelo por si sos”, destacou Carmela Silva.

A Presidenta deu a coñecer os datos do volume de  recadación desta oficina que foi superior aos cinco millóns de euros durante o ano pasado. Neste ano a recadación xa vai por riba do millón de euros.

 

 

 

 

- Publicidade -spot_img