spot_img
InicioVigo e áreaRedondela"Cantigas da Estrela" en Redondela

“Cantigas da Estrela” en Redondela

A Secretaría Xeral de Política Lingüística achega a Redondela o espectáculo musical infantil Cantigas da estrela. Este concerto inclúese na programación de Nadal a través dunha xira que percorrerá 19 localidades da Rede de Dinamización Lingüística, á que pertence o Concello de Redondela.

Cantigas da estrela_Redondela (Copiar)Magín Blanco, creador do espectáculo e libro-disco “A nena e o grilo” produce esta nova proposta musical pensada para o contexto do Nadal, que animará a xente miúda da casa a seguir o ronsel das estrelas para gozar do Nadal en lingua galega, coas músicas máis coñecidas de Gatuxo e d’A nena e o grilo, nun concerto moi especial que inclúe vilancicos inéditos deste músico e compositor, mesturados con temas do novo disco e dos anteriores. Nesta proposta intimista, alegre e divertida para a xente máis miúda da casa, estará acompañado de María Faltri, Jorge Juncal e Pablo Vidal Mendoza, nun formato sinxelo pero con moi boa sonoridade, apoiado en diversos instrumentos coma o acordeón, teclado, guitarra, ukelele, percusión e contrabaixo, así como nas voces de Magín e María.

O espectáculo quere ser unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo, e preséntase coma unha interesante proposta lúdica e festiva para celebrar o Nadal cantando en galego.

O concerto celebrarase no multiúsos da Xunqueira (sala I), o vindeiro sábado 20 de decembro, ás 12.00 h. A entrada é de balde pero cómpre retirala con antelación para non exceder a capacidade da sala. Estarán dispoñibles no multiúsos da Xunqueira a partir do xoves 18 de decembro.

- Publicidade -spot_img