Inicio Galicia O cambio de hora non pode ser a única medida de aforro...

O cambio de hora non pode ser a única medida de aforro enerxético

o-cambio-de-hora-supon-un-aforro-enerxetico-proximo-ao-04-no-consumo-electrico-en-galiciaO domingo prodúcese o segundo cambio de hora de 2017, co atraso dos reloxos unha hora -de 3h a 2h-.

Trátase dunha directiva europea que pretende aproveitar mellor as horas de luz solar para consumir menos electricidade. Esta é unha iniciativa positiva e asimilada xa anualmente pola cidadanía, pero que resulta claramente insuficiente para aumentar un verdadeiro aforro enerxético en España: segundo datos do IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía), o cambio de hora supón un aforro dun 5% do consumo en iluminación.

Algunhas organizaciones ecoloxistas levan moito temo defendedo que a eficiencia enerxética é unha das formas máis rendibles para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, principais causantes do cambio climático. No caso de Greenpeace, xa demostrou que o aforro e a eficiencia enerxética benefician á vez ao peto dos cidadáns e á loita contra o cambio climático. Segundo o seu estudo, a recuperación económica con renovables, un sistema enerxético cun elevado nivel de eficiencia, e que obteña un 95% da electricidade de fontes renovables para 2030, xeraría máis de tres millóns de empregos e reduciría a factura enerxética nun 34%.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies