spot_img
InicioO SalnésCambados construirá un parque infantil en Adro-Castelo, con fondos do Plan Provincial...

Cambados construirá un parque infantil en Adro-Castelo, con fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015

 

Cambados-construirá-parque-infantil-Adro-Castelofondos-Plan-Provincial-Obras-Servizos-2015O Concello de Cambados construirá un parque infantil en Adro-Castelo, con fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015

A Deputación aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, a concesión de 102.677 euros ó Concello de Cambados para construír unha zona de ocio infantil en Adro-Castelo.

O parque dotarase do mobiliario axeitado (balancíns, randeeiras, resortes e conxuntos de xogo coma o castelo, a casiña ou a árbore) e construirase unha base de formigón que se recubrirá con caucho nas diferentes zonas de xogo e con cores que eviten impactos visuais negativos sobre as zonas patrimoniais próximas. Nesta actuación tamén se contempla a instalación dunha zona verde con vexetación autóctona.

Así mesmo, construirase unha rampla de acceso ó parque desde o paso de peóns que hai na zona.

O prazo de execución das obras será de 2 meses.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.