spot_img
InicioO SalnésCambados acollerá a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución na súa...

Cambados acollerá a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución na súa XVª edición

cambados-presenta-o-seu-proxecto-de-compostaxe-comunitaria

O Concello de Cambados acollerá este venres 30 ás 12 da mañá o acto de entrega do premio Plácido Castro de Tradución, que chega á súa 15ª edición.

Nesta ocasión, o galardón recae una tradutora sueca afincada en Galicia, Marta Dahlgren Thorsell, pola obra Kallocaína, de Karin Boye.

O xurado destacou o feito de que sexa una tradución directa do sueco, una lingua pouco traducida ao galego, feita con mestría, rigor e viveza, trazos habituais dunha tradutora consolidada e directamente relacionada coa formación de novos profesionais da tradución.

O premio consiste nun diploma e unha obra escultórica de Xaquín Chaves.

Entre os galardoados con este premio en anteriores edicións figuran autores como Lois Tobío, Pérez-Barreiro Nolla, Valentín Arias ou María Reimóndez, entre outros.

O premio quere reivindicar a dimensión tradutora de Plácido Castro (1902-1967), significar a importancia da tradución no sistema literario galego e recoñecer o bo labor dos tradutores contemporáneos.

A Fundación Plácido Castro está integrada polos concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, ademais da Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI.

Plácido Castro foi un profesor, tradutor, xornalista e político galeguista, símbolo da universalidade do nacionalismo galego.

www.fundacionplacidocastro.com

- Publicidade -spot_img