spot_img
InicioO MorrazoBueuBueu celebra o Día de Rosalía con poesía e contacontos

Bueu celebra o Día de Rosalía con poesía e contacontos

O 23 de febreiro terá lugar o contacontos “A miña historia” de Trémola Teatro, que é unha boa oportunidade para coñecer a poeta

Revista Cousas De Nº20

O Concello de Bueu organiza un ano máis actividades para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o próximo 23 de febreiro. Ao longo desa semana, o consistorio programará diversos eventos que poñerán en valor as letras galegas para todas as idades.

O programa arrancará o luns 19 de febreiro, ás 19.30 horas, cando a Sala Multiusos do Centro Social do Mar acollerá a presentación do libro 831-urb, o poemario co que Manuel López Rodríguez gañou o XXVI Premio Johan Carballeira de Poesía do Concello de Bueu. O acto contará ademais ademais coas intervencións de Carmen García, concelleira de cultura, e Fran Alonso, director da editorial Xerais. 831-urb é, segundo a editora, un exercicio poético arquitectónico de ambiente ciberpunk onde o ser humano cre recoñecerse.

O venres 23, coincidindo co mesmo Día de Rosalía, no mesmo espazo terá lugar  a partir das 17.30 horas un contacontos con Trémola Teatro titulado “A miña historia”, no que se presenta a historia de Andrea, unha xornalista saída do século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. As crianzas deberán axudala a que todo o mundo se lembre dela, polo que é unha boa oportunidade para coñecer á poeta galega.

Ademais durante toda a semana, as bibliotecas municipais de Bueu, Cela e Beluso repartirán marca páxinas personalizados con versos da poeta. E para coñecer a súa obra, as de Cela e Beluso acollerán exposicións temáticas.

Tal e como destaca Carmen García, concelleira de cultura e normalización lingüística, “o que buscamos é dar a coñecer a figura de Rosalía de Castro entre todas as xeracións e por iso organizamos actividades que poñen en valor a cultura e a lingua galegas

- Publicidade -spot_img