spot_img
InicioO MorrazoMarínA maxia e as cores da camelia volven este ano ao Museo...

A maxia e as cores da camelia volven este ano ao Museo Torres de Marín

a-maxia-e-as-cores-da-camelia-volven-este-ano-ao-museo-torres-de-marinA concelleira Itziar Álvarez presentou a mostra con Cristina Barreiro e Mara Fariña, organizadoras desta cita, que será o 17 e o 18 de febreiro

Revista Cousas De Nº20

A beleza e a espectacularidade da camelia volverá este ano ao Museo Torres de Marín. O evento Camelias e Mar volverá a celebrarse o 17 e 18 de febreiro, tal e como anunciaron as organizadoras da mostra, Cristina Barreiro e Mara Fariña, en compañía da concelleira Itziar Álvarez.

Está previsto que o evento, que celebra a súa séptima edición, arrancará a primeira hora coa recepción das flores dos que expoñen. Barreiro adiantou que “xa non temos sitio para máis reservas”, o que dá boa conta da enorme popularidade entre os afeccionados á camelia que ten a mostra marinense.

A mesma mañá do sábado será a inauguración a partir das 13.00 horas e durante o resto da fin de semana poderá visitarse de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas

- Publicidade -spot_img