spot_img
InicioBaixo MiñoBronce histórico para o piragüismo Penedo en Mondariz

Bronce histórico para o piragüismo Penedo en Mondariz

bronce-historico-piraguismo-penedo-mondarizO pasado fin de semana celebrouse a II Copa de España de Slalom na que o Club Piragüismo Penedo conseguía o terceiro posto na clasificación xeral por equipos. Un feito histórico para o slalom galego
O río Tea ao seu paso por Mondariz Balneario acolleu este fin de semana a II Copa de España de Slalom “Gran Premio Loterías e Apostas do Estado”. A canle preparada pola organización do evento, presentaba unhas excelentes condicións para a práctica desta modalidade. Despois dos dous días de competición o Club Piragüismo Penedo conseguía o terceiro posto na clasificación xeral por equipos. Un feito histórico para o slalom galego.
O conxunto de Caldelas xa avisou o ano pasado do seu gran potencial cando logrou o podio no campionato de novas promesas. Nesta ocasión a competición era para as categorías senior, xuvenil, cadete e veterano. O Penedo sumou un total de 977 puntos, mentres que o o Atlético San Sebastián alcanzaba a cifra de 1395 puntos para levar o primeiro posto. Segundo con 1205 foi o Cadi. Unha lista na que o Tea de Mondariz logrou unha meritoria quinta posición, sétimo sería o Deportivo Miño e oitavo o C. P. Dumbría.
A nivel individual a delegación galega tivo unha destacada participación, logrando o maior número de medallas para Galicia nunha compa de España, catro ouros, catro pratas e cinco bronces, foi o botín galego conquistado en Mondariz. Borja González do piragüismo Penedo levou o ouro en C1 cadete, unha proba na que o seu compañeiro de club Daniel Pérez terminou terceiro. Na modalidade de K1 Mario Otero ( Tea Mondariz) conseguiu o segundo posto e Iago Varela (Penedo) o terceiro. Ainhoa Lameiro tamén do Penedo conquistou dous ouros tanto en C1 como en K1 xuvenil. Lorena Costa (Dumbría) acompañaba no podio á padeeira de Salceda de Caselas na modalidade de K1, ocupando o terceiro lugar.
Pola súa banda, Jorge Quintáns do piragüismo Dumbría, conseguía subirse ao segundo caixón en K1 xuvenil, mentres que Miguel Ángel Lorenzo (Penedo) levou a medalla de prata en C1, sendo terceiro Ahron Carballo ( Tea Mondariz). Outra das medallas de prata foi a parar a  mans de Luís Fernández do Deportivo Miño en C1 senior, tan só superado por Daniel Marzo do equipo salmantino do Capitán Nemo. Pola súa banda Manuel Ochoa (Deportivo Miño) terminaba en terceira posición en k1 senior. Na categoría de veteranos Emilio Rodríguez (Deportivo Miño) conquistou a medalla de ouro en K1.
- Publicidade -spot_img