spot_img
InicioVal MiñorBaionaBarbeira de Baiona entre as 25 mellores praias de España

Barbeira de Baiona entre as 25 mellores praias de España

Visitas guiadas Baiona

TripAdvisor – Niumba, unha das maiores webs de viaxes do mundo realizou unha selección das 25 mellores praias de España en base á súa popularidade e interese turístico, e entre elas atópase a praia da Barbeira.

A praia da Barbeira áchase integrada no propio núcleo urbano da vila mariñeira de Baiona, aos pés das murallas que rodean a península de Monterreal ou Monte do Boi, onde se sitúan o Parador de Turismo e o Monterreal Club de Yates, fronte aos portos pesqueiro e deportivo. Atópase separada do areal da Ribeira polo baluarte do Cantiño. A súa orientación é cara ao Leste achándose ao abrigo dos ventos norteños. Disponse nunha contorna urbanizada presentando un pequeno piñeiral adxunto. Con base de area de cor branca e gran fino os baionses e visitantes poden gozar dunha praia resgardada, a e con ondada moderada que canta cunha lonxitude de 220 metros, que está vixiada e conta con zona de fondeo para embarcacións.

“É un auténtico orgullo como baionés e como alcalde do municipio que as nosas praias sexan elixidas para liderar ránquines nacionais en canto a popularidade e interese turístico. As praias baionesas son referentes a nivel nacional por varias razóns non só pola súa beleza e interese turístico, senón tamén pola súa accesibilidade. Debemos lembrar que Baiona é o Concello de España que conta con máis praias equipadas e adaptadas ás persoas con mobilidade reducida. A Vila conta con catro dos seus areais entre os 30 mellor adaptados de toda España. Baiona ten un total de 3.860 metros linéales de praias, dos cales 3.420 son totalmente accesibles para as persoas discapacitadas: Ladeira 3.000m, Santa Marta 250m e Ribeira 170m. Ademais Baiona en 2015/2016 foi o único Municipio de España que ten a totalidade dos seus areais distinguidos co SICTED. Os baioneses e os turistas gozan dunhas praias marabillosas de gran calidade a nivel ambiental, de calidade da auga, ..?, destacou Ánngel Rodal, alcalde de Baiona

Así mesmo, Baiona ostenta o ‘Quality Coast Gold Award’, premio internacional que distingue a calidade ambiental costeira para un turismo sustentable, concedido no ano 2013 entre máis de 1.000 candidatos.

?Desde o Concello de Baiona seguirase traballando para que os areais da Real vila sigan sendo referentes tanto a nivel internacional e nacional. Figurar nestes ránquines serven para avalar anos de continuo traballo e esforzo que ven referendados tamén polas tres bandeiras azuis e o carreiro azul ademais de por os resultados das análises realizadas que arroxaban que a calidade das augas baionesas é ‘excelente..’, comentou Beatriz González, concelleira de Turismo.

Por todos estes motivos os areais de Baiona son un referente e os baioneses poden seguir presumindo de contornas naturais e turísticas de calidade.

- Publicidade -spot_img