spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona xa ten finalistas da VIII Gala do Deporte

Baiona xa ten finalistas da VIII Gala do Deporte

Baiona xa ten finalistas da VIII Gala do DeporteA Concellería de Deportes do Concello de Baiona dá a coñecer este xoves ás persoas finalistas das sete categorías que competirán por alzarse co máximo galardón na VIII Gala do Deporte de Baiona que se celebrará o próximo 25 de marzo ás 19:00h no Auditorio V Centenario.

Cousas de revista nº16

Na categoría de Mellor Deportista Feminina de Baiona na o ano 2022 chegan nomeadas Mila López Vernet (HandBike), Ainhoa Reparaz (Atletismo) e Loreto Rodríguez Martínez (Atletismo), mentres que no apartado masculino os elixidos polo xurado son Daniel Pazo Giráldez (Atletismo), David González (Loita), Daniel Álvarez Nandín (Bolos Celtas).

Como Mellor Deportista de Base Masculino figuran promesas do deporte como Brais Montes da Iglesia(Atletismo), Pedro de Brito Martínez (Atletismo), Nicolás Míguez Diz (Bolos Celtas). No apartado de Mellor Deportista Base Feminina, as finalistas son Iria Ludeña (Piragüismo), Xiana Fernández Fernández (Patinaxe) e Coral Vázquez Sinde (Danza).

No relativo á Mellor Entidade Deportiva de Baiona destacan tres institucións como Galicia en Danza,  o Baíña Fútbol Sala ou a Sociedade Atlética Val Miñor. No ámbito do Mellor Evento Deportivo a acta do xurado decantouse polo Campus de Verán 2022, o Trail Tras Serra da Groba e o Torneo Integra Erizana. Por último, como mellor patrocinador os elixidos son Agua Sana, Bocatería Manduca e La Caixa.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, estableceu sete categorías para nomear ás mellores persoas deportistas e aos clubes do ano 2022. Así, sairán as persoas gañadoras en cada unha das categorías. Hai tres finalistas en cada unha delas e durante a gala coñeceranse aos gañadores.

Neste evento recoñeceranse os logros e méritos deportivos alcanzados durante o pasado ano polos deportistas, os clubs e as entidades deportivas de Baiona, poñendo así en valor o traballo, esforzo e compromiso das numerosas persoas que forman parte do ámbito deportivo local.

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, indica que “esta edición será a Gran Festa do Deporte na que se vai a recoñecer o traballo, esforzo e implicación dos clubes, entidades deportivas e deportistas individuais. Queremos que o deporte baionés viva e desfrute dun gran evento para visibilizar o enorme traballo desenvolvido, a importancia do deporte base na formación dos nosos rapaces e rapazas e os beneficios que para a saúde reporta a práctica deportiva. Seguir promocionando o deporte aporta múltiples beneficios á sociedade baionesa”.

- Publicidade -spot_img