Inicio Val Miñor Baiona Baiona únese por primeira vez á Semana Europea da Mobilidade

Baiona únese por primeira vez á Semana Europea da Mobilidade

Movilidade Baiona paso peónsA Semana Europea da Mobilidade se celebra desde o 2000 e este ano Baiona tamén se suma a esta iniciativa, dando comezo os actos de celebración o vindeiro luns, sendo o primeiro deles, a colocación dunha bandeirola no balcón da Casa do Concello

O pasado xoves no Salón de Plenos e antes os medios de comunicación, procedeuse ao acto protocolario da firma da Carta de Adhesión, por parte do alcalde de Baiona, Carlos Gómez, acto que tamén serviu para dar os detalles da programación e os obxectivos.

“O que buscamos ademais é concienciar ao noso pobo de adaptarse non soamente ás necesidades nun momento dado das persoas con diversidade funcional, senón tamén a concienciación por parte da nosa sociedade de adaptarse aos novos tempos e as novas leis” explicou Gómez.

As actividades previstas durante a semana Europea que é do 16 ao 22 de Setembro realizaranse en 3 fases. A primeira se chama “Rúas Vivas”, que é o percorrido a pé polo municipio dos representantes políticos para avaliar os problemas nas rúas, as barreiras físicas a vertedura de lixo, os aparcamentos ilegais os problemas de accesibilidade e mobilidade para persoas concretas que demandan estes servizos, as dificultades que teñen no transporte público e o acceso ás praias.

Outra é un plan de medidas para a xestión da mobilidade que consiste en lanzamento de campañas de sensibilización e a organización de días sen coches.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES A REALIZAR Do 16 ao 22

O día 19 coa colaboración da concejalia de deporte, animación da volta ciclista a Galicia do 2019 que terá unha saída popular en bicicleta de índole non competitiva a nivel familiar: Maiores de 7 anos con casco e bici, a saída sae desde a entrada do parador dá a volta na rotonda na autoestrada de Sabais e na rotonda de Baredo.                                              O horario para a concentración é ás 4 da tarde 16 horas, e a saída ás 16, 30 horas

O día 20 tamén en colaboración coa concejalia de Deportes unha gimkana ciclista que se realizará no parque da Palma, para maiores de 5 anos con casco e bicicleta e o horario desde as 16,30 ata as 18 horas.

O día 22 é o “día sen coches”, para este evento, farase un peche das rúas: Carabela Pinta, Rúa Conde, Ventura Misa, a rúa do Reloxo, Xogo dá Bóla, Lorenzo da Carrera , San Xoán, Diego Carmona e o Camiño Entrehortas. O horario de peche destas rúas será de 10 da mañá a19 da tarde

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies