spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona súmase a un plan nacional de turismo mariñeiro

Baiona súmase a un plan nacional de turismo mariñeiro

Baiona súmase a un plan nacional de turismo mariñeiroO proxecto opta aos fondos comunitarios Next Generation e baséase nos oficios do mar, os seus barrios, faros e lonxas

Seis vilas mariñeiras do norte de España, entre as que se atopa Baiona, presentaron un proxecto conxunto ao Programa de Experiencias de Turismo de España, que impulsa o Ministerio de Industria Comercio e Turismo. Fixérono a través da Asociación de Vilas Mariñeiras na que se integran, ademais de Baiona, as dúas localidades asturianas, de Ribadesella e Llanes, e as cántabras de Laredo, Santoña e San Vicente de la Barquera. A proposta opta ás axudas dos fondos europeos Next Generation que se destinarán ao programa de experiencias turísticas.

Revista COUSAS DE Nº13

O obxectivo é impulsar un turismo “azul” baseado nos oficios do mar, barrios mariñeiros, faros e lonxas. Visitas, paseos en barco, actividades artesanais, roteiros guiados polo porto pesqueiro, coñecer os labores dos mariñeiros antes de saír a faenar ou talleres de aspectos referentes ao mar son algunhas das actividades que se recollen na proposta.

Trátase, segundo o alcalde de Baiona,Carlos Gómez, dunha aposta por un “turismo diferencial”: “Un proxecto no que se implicará ao sector turístico e ao do mar, así como aos residentes das vilas. Preténdese impulsar a desestacionalización e que o turismo mariñeiro sexa outra motivación máis para visitar estas localidades en calquera momento do ano”.

A dixitalización será outro dos aspectos que se pretenden impulsar desde o proxecto da Asociación de Vilas Mariñeiras, que dará especial relevancia á cultura mariñeira e recollerá os relatos latentes en todos estes lugares, pero que aínda non está recolleitos para poder narralos. A proposta está integrada na estratexia de desenvolvemento de produto, promoción e comercialización que promove o colectivo desde fai vinte anos.

Cinco destas localidades, entre as que se atopaba Baiona, foron obxecto fai tres décadas de plans de excelencia turística. Posteriormente fundaron o Club de Excelencia Turística da España Verde. De resultar seleccionado o proxecto, poñeranse en marcha grupos de traballo e cada vila adaptará á súa contorna as propostas que se definiron no documento que opta agora ao programa estatal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.