spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona reforza a seguridade durante o verán coas patrullas de praia

Baiona reforza a seguridade durante o verán coas patrullas de praia

baiona-reforza-seguridade-veran-coas-patrullas-praiaO Concello de Baiona pon en marcha esta fin de semana o novo dispositivo de seguridade da temporada de verán no que comezan a funcionar a patrulla de praia e nove auxiliares da Policía Local. Ademais, o persoal verase reforzado polos dous novos axentes que gañaron a praza na última convocatoria de traballo. O corpo de seguridade municipal contará polo tanto con 17 policías fixos e 9 auxiliares durante os meses estivais.

“O verán chegounos adiantado e a ocupación en Baiona xa está a un gran nivel, polo que queremos manter a seguridade e fomentar a convivencia cidadá”, apunta o alcalde, Ángel Rodal.

Dende esta fin de semana e durante catro meses traballarán en Baiona nove auxiliares da Policía Local. Tamén entran en servizo as patrullas de praia que percorrerán toda a zona costeira e o carril bici. Ademais, tamén colaborarán na vixilancia de tráfico, o mantemento de orde pública, os conflitos veciñais, a resolución dunha infinidade de asuntos para os que son requiridos e os areais do municipio. Esta nova unidade traballará en parellas en horario de mañá e tarde por todo o paseo litoral de Baiona que atravesa as seis praias do municipio.

“O obxectivo que se persegue é concienciar aos cidadáns e visitantes do importante que é velar polo coidado do medio ambiente. Para iso realizarán labores de control de verteduras, que se respecten os espazos de especial protección ambiental, o cumprimento da normativa municipal en canto á ordenanza de convivencia cidadá, vixilancia dos espazos do estacionamento, así como prestar apoio ao servizo de vixilancia en praias”, explica o rexedor.

Precisamente este verán o persoal da Policía Local de Baiona reforzouse con nove auxiliares, dous axentes máis dos que se adoitaba contratar, para poñer en marcha este servizo. O equipo policial tamén incorporará de xeito inmediato a dous novos axentes que actualmente está completando o seu período de formación na academia. Actualmente o persoal da Policía Local estaba composto por un Inspector-Xefe, un Oficial e trece axentes, ademais dos auxiliares de policía que prestan servizos durante a tempada estival. As prazas foro cubertas polo sistema de acceso en quenda libre e mediante o sistema de oposición.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.