Baiona recibirá máis de 600.000 euros do Plan Concellos, para financiar o proxecto de reforma do edificio norte do Mercado de Sabarís

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, dará luz verde a este importante investimento do Plan Concellos para financiar o esperado proxecto de reforma do edificio norte do Mercado de Sabarís

 O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou hoxe que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, o financiamento dunha das obras máis demandadas no concello de Baiona. Trátase do proxecto de reforma do edificio norte do Mercado de Sabarís, edificio que ten un importante interese arquitectónico e forma parte, xunto a un inmoble anexo polo sur, dun conxunto construído a mediados do século XX.

A importante actuación ten un importe total de 629.200 euros e financiarase con 325.524 euros a cargo dos fondos da Liña 1 do Plan de 2018, e outros 303.675 euros con cargo á Liña 1 do Plan 2019 que o goberno da Deputación adiantou este ano aos concellos.

Con esta obra que vai levar a cabo o concello de Baiona co financiamento da institución provincial reformarase o edificio para dotalo de nova vida co fin de recuperar o interese como punto de encontro para a sociedade e convertelo nun espazo comercial e social. Con este proxecto proponse crear unha praza urbana cuberta dotando ao espazo dun uso complementario ao comercial, substituíndo a venta de alimentos frescos por outros pequenos comercios con produtos locais e outras actividades de carácter social e de restauración. Coa reforma proxectada, entre outras actuacións, recuperarase a estética exterior do edificio orixinal, eliminando os engadidos recentes e abrindo grandes ocos e vidros en planta baixa que permitirán e potenciarán a conexión entre o interior e o exterior.

Este ano, a través do Plan Concellos, a Deputación de Pontevedra destina a Baiona máis dun millón e medio de euros, 1.582.966, o que supón un 76,71 % máis que no exercicio anterior.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies