spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona quenta motores para a V edición do Concurso gastronómico 'Bai de...

Baiona quenta motores para a V edición do Concurso gastronómico ‘Bai de Tapas’ que comezará o próximo 28 de abril

baiona-quenta-motores-para-a-v-edicion-do-concurso-gastronomico-bai-de-tapas-que-comezara-o-proximo-28-de-abril

Baiona quenta motores para a V edición do Concurso gastronómico ‘Bai de Tapas’ que comezará o próximo 28 de abril con 28 establecementos participantes de Baiona e Sabarís.

Durante 25 días ofrecerán 58 tapas diferentes a un prezo de 2 €  ou 3’50 €, se se combina cun dos viños que patrocinan o concurso: Albariño Albanta (D.Ou. Rías Baixas), Mencía Vía Imperial (Ribeira Sacra) e o Rioxa Solar de Becquer, que pertencen ás Adegas HGA, Escudeiro e ao distribuidor Disgobe Selección de Viños.

baiona-quenta-motores-para-a-v-edicion-do-concurso-gastronomico-bai-de-tapas-que-comezara-o-proximo-28-de-abrilOs locais participantes son os seguintes: A Trastenda, Acuarela, Atallo Cervecería, Bar Élysées; Bar Kchote, Bay One, Bibendum, Bocatería Baioca, Café Cerchas, Cafetería Anunciada, Cafetería Monterrey, Cervecería Rústico, Estación Marítima, Xeados Gamela, A Boquería, A Crep, A Micro, A Paleta do Pintor, Liceo Marítimo de Baiona, Mesón Casa Soto, Mesón Jamonería Fidalgo, Novos Aires, Recuncho Mariñeiro, Restaurante Balneario, Restaurante O Túnel, San Xoán Adega, Taberna A de Sabas e Taberna Mendoza.

Bai de Tapas está organizado pola Concellería de Turismo de Baiona, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba), e patrocinado por Adegas HGA, Adegas Escudeiro e o distribuidor Disgobe Selección de Viños.

Máis información: Concellería de Turismo de Baiona; 986 38 59 24; turismo@baiona.org

Facebook: https://www.facebook.com/BAIdeTAPASxBAIONA

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.