Inicio Pontevedra Baiona proxecta unha nova zona axardinada na zona do Porto Pesqueiro

Baiona proxecta unha nova zona axardinada na zona do Porto Pesqueiro

baiona-proxecta-unha-nova-zona-axardinada-na-zona-do-porto-pesqueiro

O Alcalde de Baiona, Angel Rodal, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, no Concello. Na reunión tamén estaban presentes a Concelleira de Urbanismo, Ana Simóns, e o Concelleiro de Vías e Obras, José Ángel Bahamonde.

A Conselleira mantivo hoxe unha reunión de traballo co rexedor baionés para presentarlle as actuacións de mellora que se executarán ao longo de 3 km da travesía de Baiona, na estrada PO-552. Vázquez trasladoulle ao alcalde, que a Xunta licitará no próximo mes de abril as obras de reforzo de firme na travesía desta localidade por preto de 340.000 euros.

A Xunta previra actuar nun treito de 2 km, entre a glorieta coa rúa das Areas e a existente ao final da travesía, pero atendendo ás demandas formuladas polo alcalde, ampliarase esta intervención, executando reparacións localizadas de firme ao longo dun quilómetro máis (entre os quilómetros 13 e 14 da travesía).

comillasA conselleira explicou que tamén se vai a construír unha glorieta no acceso ao Porto de Baiona, dando así cumprimento á solicitude deste municipio.

Concretamente vaise reorganizar a entrada do porto cuxa saída é bastante dificultosa para os que saen para Vigo. “O que se pretende é facer unha rotonda dun díametro duns 28 metros e poñer zonas ajardinas”, matizou o alcalde. “Neste proxecto contémplase retirar a fileira de colectores que alí se sitúan para crear unha zona axardinada e un miradoiro, duns 400 ou 500 metros cadrados, desde onde contemplar a beleza do mar e da Fortaleza de Monte Real”, sinalou Rodal. O rexedor cumpre así coa súa promesa de “Abrir Baiona ao mar”, realizada tras asumir a alcaldía. Os veciños gañarán unha nova zona de lecer e esparexemento.

comillasAs obras executaranse despois do verán, tal e como solicitou o concello, para minimizar as molestias e non entorpecer o paso da Volta Ciclista

O proxecto tamén contempla a colocación de novo mobiliario urbano, composto dos seus correspondentes bancos; papeleiras…Actualmente está en fase de redacción, prevendo finalizalo o antes posible co fin de licitalo en abril e poder iniciar os traballos o antes posible. Neste sentido, Ethel Vázquez concretou que as obras se realizarán despois do verán, tal e como solicitou o Concello, para evitar ocasionar molestias innecesarias a veciños e condutores e non entorpecer o paso da Vuelta Ciclista a España, prevista para o 21 de agosto. Estímase que os traballos teñan unha duración de 5 meses.

Coa creación desta nova zona axardinada, o Concello pretende revitalizar o lugar desde un punto de vista ambiental. Tamén se pretende incrementar o espazo paisaxístico e aumentar o lugar de esparexemento usado polos veciños nunha zona cuxas protagonistas serán as vistas do horizonte.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
289SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies