spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona programa unha conferencia e un concerto para lembrar aos mariños...

Baiona programa unha conferencia e un concerto para lembrar aos mariños baioneses que participaron na Primeira Circunnavegación á Terra

baiona-programa-unha-conferencia-e-un-concerto-para-lembrar-aos-marinos-baioneses-que-participaron-na-primeira-circunnavegacion-a-terra
Planisferio del Vaticano Diego Ribero

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura á fronte de Policarpo Vilar Misa, organizou unha serie de actividades co fin de poñer en valor as fazañas de navegación levados a cabo por os mariños baioneses  “Diego Carmona, Vasco Gómez Gallego, Vasco Gallego y Vasquito”, así como mantelos no recordo, que navegaron con Magallanes e Elcano no 502 Aniversario da Primeira Circunnavegación á terra.

Revista Cousas De Nº22

Así, o vindeiro venres 6 de setembro, o auditorio da Casa da Navegación de Baiona acollerá unha conferencia baixo o título “A primeira circunnavegación da Terra: A expedición de Magallanes-Elcano (1519-1522)”. A Doutora Carmen Manso Porto será a encargada de realizar este interesante relatorio que versará sobre a organización da viaxe, das naves, a tripulación, a vida a bordo, o roteiro seguido, o regreso, as consecuencias…Farase especial referencia á tripulación, incidindo nos galegos e nos baioneses.

Manso é Doutora en Historia da arte e unha eminente figura no campo da investigación. Ostenta o título de académica na Academia de Auriense-Mindoniense San Rosendo, da Real Academia Galega de Belas Artes e da Real Academia da Historia, entre outros. Nesta última institución, Carmen Manso desempeña un papel fundamental como responsable da Sección de Cartografía e Artes Gráficas da Biblioteca desde 1986. Cun doutoramento obtido na Universidade Complutense de Madrid, as súas principais áreas de investigación abarcan desde a arte medieval ata a evolución das ordes mendicantes.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O sábado día 7 de setembro ás 21:00h, a ex-colexiata de Santa María de Baiona, acollerá un concerto de música sacra do premiado coro con sede en Vigo Gli Appassionati, coa recoñecida mezzosoprano Nuria Lorenzo. Unha oportunidade única para gozar da peza Stabat Matter’ do compositor estadounidense Steve Dobrogosz. Coro, solistas, piano, violíns, viola, cello, contrabaixo…farannos gozar de elementos da música clásica e o jazz.

- Publicidade -spot_img