spot_img
InicioPontevedra e ÁreaBaiona presidirá 'Vilas Mariñeiras' os próximos dous anos

Baiona presidirá ‘Vilas Mariñeiras’ os próximos dous anos

A asemblea do organismo reúnese en Fitur, onde o Concello de Baiona recibirá os premios Sigted e presentará A Arribada

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, será durante os dous próximos anos o presidente do organismo Vilas Mariñeiras do que forman parte Ribadesella, Ortigueira, Viveiro, Sanxenxo, Santoña, Llanes, San Vicente de la Barquera e Laredo, ademais de Baiona.

A asemblea ordinaria das Vilas Mariñeiras que está previsto celebrar este xoves no marco da Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid, abordará o cambio de mandato, pasando de Ribadellesa a Baiona durante os dous próximos anos (ata xuño de 2019).

No encontro entre os alcaldes dos municipios integrantes do organismo supramunicipal abordarase tamén outros aspectos como a aprobación das contas, a nova campaña turística ou a sinalización das vilas incluídas na asociación.

“Baiona foi unha das cinco vilas fundadoras e agora terá de novo a Presidencia (xa a tivo en 2002). Asumimos o reto con moita ilusión e volveremos a intentar dar a maior auxe a relación que nos une cos municipios mariñeiros”, afirmou Rodal.

O Concello de Baiona afronta esta semana en Fitur un dos eventos máis importantes do ano como escaparate para amosar todos os seus atractivos turísticos. O alcalde, Ángel Rodal, encabezará a representación de Baiona nos actos previstos na feira madrileña.

Premios Quality Coast y Sicted

Baiona recibirá o premio Quality Coast Gold Award, segunda cualificación máis alta del proxecto, que certifica a aposta pola sustentabilidade turística y medioambiental. O xoves, día 19, será o momento da entrega dos premios Sicted (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos) aos que Baiona está preseleccionado para optar ao Premio Mellor Destino 2016.

Ese mesmo día Baiona tamén participará na presentación do proxecto do Camiño Portugués pola Costa da man da Deputación de Pontevedra e conxuntamente co resto de concellos polos que pasa a ruta xacobea.

Vídeo e cartel da Festa da Arribada

E o venres será o gran momento da presentación da XXII Festa da Arribada. Neste caso, a Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, presentará xunto co Concello de Baiona a nova edición da festa declarada de Interese Turístico Internacional.

No acto, procederase a proxectar o novo vídeo que conmemora un ano máis a chegada da Carabela “La Pinta” ao porto baionés. Ademais, tamén se presentará o cartel oficial da festa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.