O Concello de Baiona, xunto coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA), organiza por quinto ano consecutivo o “ Sons do Casco” co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de lecer baionesa.
Este roteiro musical que terá lugar o 16, 17 e 18 de outubro leva consigo unha fin de semana repleta de música en directo na que participarán un total de 16 grupos musicais con diferentes estilos como o jazz, blues, funk, flamenco, DJ, rock, pop, etc. que buscarán encher de música a Vila.
As actuacións celebraranse en cinco escenarios distintos situados na Praza do Concello, a Praza de Santa Liberata, a Alameda Carabela Pinta, na intersección da rúa Carabela Pinta e a Rúa Ciudad de Vigo e no parque de “La Palma”. Uns escenarios alternativos aos de anteriores edicións debido ás medidas de seguridade que hai que seguir pola crise sanitaria do COVID-19.
“Con iniciativas como estas queremos participar na reactivación económica do municipio. Queremos que non se perda o emprego, que nos se perdan negocios. Queremos axudar á hostalería e aos comerciantes baioneses. Desde o Concello tamén queremos agradecer o labor e o traballo que se fai desde a Asociaciación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA) coa que organizamos esta atractiva programación para atraer xente a Baiona”, destaca o alcalde, Carlos Gómez. Na rolda de prensa de presentación da programación de “ Sons do Casco” tanto o Alcalde, como a concelleira de Cultura, Miriam Costas, fixeron unha chamamento á participación no evento. Tamén aproveitaron a ocasión para “mandar un mesaje de tranquilidade á vencidad e aos visitantes que se acheguen esa #fin# de semana para gozar dos espectáculos xa que se van a poñer todas as medidas de seguridade e preventivas necesarias. O obxectivo é combinar o lecer coa redución ao máximo o risco de contaxio e transmisión da pandemia. Baiona é seguro pero sempre apelamos á responsabilidade individual”, concluía Gómez.



