spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona presenta 'Nutrichef' un taller de cociña e educación nutricional para nenos

Baiona presenta ‘Nutrichef’ un taller de cociña e educación nutricional para nenos

baiona-presenta-nutrichef-un-taller-de-cocina-e-educacion-nutricional-para-nenos

O alcalde Baiona, Angel Rodal, e a Concelleira de Educación,  Beatriz González, presentaron’Nutrichef’, un taller de cociña e educación nutricional dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.

O obxectivo principal do taller teórico/práctico organizado pola Concellería de Educación do Concello de Baiona é que o neno/para aprenda a comer de forma sa, equilibrada e divertida, coñecendo e empregando os distintos grupos de alimentos, e desenvolvendo de forma paralela a educación sensorial e a estimulación da creatividade e imaxinación. Así mesmo, búscase reducir métodos como frituras ou rebozados, potenciando aqueles que máis beneficien ao seu organismo.

Os/as alumnos/as adoptarán técnicas e coñecementos dun auténtico Masterchef, aprendendo dunha forma moi especial diversidade de trucos para achegar sabor aos alimentos e aumentando así, o interese por unha alimentación equilibrada”, sinalou Beatriz González.

comillas“Ademais de cociñar, o traballo nutricional potenciará no neno o interese por unha boa alimentación, que así mesmo repercutirá nun mellor desenvolvemento e rendemento, tanto físico como psíquico”, destacou González

Cada sesión consta de dúas horas semanais, onde os pequenos realizarán unha preelaboración e elaboración dun menú completo. Antes de poñerse ao choio o nutricionista encargado de impartir o curso, Adrián Martíns, fará unha explicación teórica do menú, coñecemento e procedencia dos ingredientes, así como a súa función no organismo. Ao finalizar o servizo, procederase á degustación e valoración dos pratos previamente elaborados.

Cada un dos cursos inclúe o material necesario para que os pequenos poidan elaborar uns deliciosos e saudables pratos. Entregaránselles gorros e delantales, pois durante unhas horas converteranse en auténticos chefs. Faráselles entrega dun cartafoles con receitas que os nenos poderán levar logo ás súas casa para que os seus pais poñan en práctica a cociña saudable.

comillascoñecer as principais propiedades nutritivas dos alimentos, corrixir os erros máis comúns atopados nos hábitos da conduta nutricional, obxetivos do programa

A concellería que dirixe Beatriz González auspicia uns claros obxectivos sobre este programa, como son coñecer as principais propiedades nutritivas dos alimentos, corrixir os erros máis comúns atopados nos hábitos da conduta nutricional.

Desde a concellería consideran que deste xeito, coa interacción e cooperación entre profesorado, alumnado, familias, e a entidade colaboradora, poderase contribuír a que os pequenos adquiran estilos de vida saudables e fortalezan comportamentos responsables.

A actividade desenvolverase os martes de 17:30 a 19:30 horas, no Centro sociocomunitario da Xunta de Galicia, situada na rúa Dolores Agrelo 16 en Baiona. O prezo público a pagar polas persoas usuarias é de 10 euros neno/as
Os grupos poderán ter un máximo de 10 alumnos. Haberá 3 convocatorias:

Primeira edición: febreiro-marzo nas seguintes datas :
Febreiro : martes 23.
Marzo: martes 1, 8 e 15.

Segunda edición marzo-abril nas siguintes datas:
Marzo: martes 29.
Abril : os martes 5, 12 e 19

Terceira edición abril -maio.
Abril: martes 26.
Maio: os martes 3,10 e 24

Requisitos mínimos para participar no Programa Nutrichef 2016
– O neno/a para o que se solicita a praza debe estar empadroado/a no municipio con data anterior a esta convocatoria (non é necesario acreditalo xa que o Concello verificarao) ou estar escolarizado/a no curso 2015-2016 nun centro educativo do municipio de Baiona.

– Nacer entre o ano 2004 e 2010

Prazo e lugar de solicitudes
As persoas interesadas en participar na convocatoria deberán presentar a solicitude de inscrición debidamente cumprimentada e asinada, no rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00h. e os sábados en horario de 9:00 a 13:00h a partir do luns 8 de febreiro xunto coa fotocopia do NIF da nai/pai ou titor/a legal do/da menor ( persoa asinante da solicitude) e fotocopia do libro de familia. As persoas interesada poderán solicitar praza ata os cinco días hábiles anteriores ao comezo de cada un dos cursos.

Só se pode solicitar praza para unha das edicións. No caso de solicitar praza para varios irmáns ou irmás, deben presentar os datos dos nenos/as nunha mesma solicitude de inscrición. No caso de que a persoa que recolla ao menor da actividade non sexa a nai, pai, titor/a ou responsable do menor, deberase asinar unha autorización.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.