spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona presenta ' Novembro Lila', un programa deseñado para dar visibilidade á...

Baiona presenta ‘ Novembro Lila’, un programa deseñado para dar visibilidade á secuela da violencia machista

Baiona presenta ' Novembro Lila', un programa deseñado para dar visibilidade á secuela da violencia machistaO pasado sábado día 2 tivo lugar a presentación do Novembro Lila, unha programación deseñada pola Concellería de Igualdade cuxo obxectivo é visibilizar a lacra da violencia machista.

A biblioteca municipal de Baiona fixo de auditorio improvisado para acoller a decenas de persoas que se achegaron a coñecer o contido da programación e a desfrutar das obras que dúas grandes artistas compartiron co público. A primeira foi Miriam Ferradáns, que fixo lectura dunha escolma de poemas que titulou “Mulleres no vento”, nos que a ollada céntrase no silencio imposto das mulleres da Galiza rural de hai uns anos e na violencia instaurada tamén nas súas olladas.

O público quedou engaiolado coa delicadeza da súa voz que contrasta coa forza e contundencia das palabras que compoñen versos duros, relatores dunha realidade doente: a violencia, os abusos no eido familiar, o silencio, a dor…

Baiona presenta ' Novembro Lila', un programa deseñado para dar visibilidade á secuela da violencia machista

Co corazón encollido o público puido ver despois “DES-Alento”, unha micro peza teatral creada pola dramaturga e pedagoga Mónica Sueiro para o Novembro Lila. A maxia do teatro da man dunha artista como Mónica, fixo que parte do público se metera na súa pel, e outra parte a observara inmóbil, sabéndose cómplice do que estaba a acontecer sen poder facer nada por axudarlle. Esta peza é unha obra autobiográfica que fala do maltrato psicolóxico sufrido pola artista. Brutal e conmovedora sen deixar de lado a beleza da acción teatral.

Despois deste marabilloso tándem proxectouse o nome das vítimas de violencia machista no estado español dende o ano 2003 segundo cifras oficiais. Un vídeo dunha duración de tres minutos que incomoda e fai reflexionar sobre a magnitude dun problema que semella non ter paraxe.

Foi unha sesión que non deixou indiferente a ninguén, armarse de arte para combater os pensamentos retrógrados, violentos, machistas é unha das nosas estratexias. Crear conciencia é sumar aliados e aliadas contra esta lacra miserenta é o obxectivo da concellería de Igualdade dirixida por Yasmina Moreira Costas, concelleira do BNG.

PROGRAMACIÓN:

- Publicidade -spot_img