O Concello de Baiona a través da concellería de Deportes deseñou unha axenda deportiva para este verán 2021 moi especial, tras un duro ano marcado pola crise sanitaria do coronavirus.
Por este motivo, e dada as boas cifras, desde o Concello, quérese ofrecer á cidadanía unha axenda na que o deporte cambia de formato. A pandemia levouse por diante unha longa lista de eventos deportivos pero en Baiona ideouse unha nova fórmula para que os veciños, veciñas e todas aquelas persoas que se queiran achega á Vila para gozar do deporte.
“Habémonos reinventado e adaptado a un novo e inesperado escenario. Os eventos máis importantes están recollidos na renovada axenda deportiva que estamos a presentar esta mañá”, destacou o alcalde, Carlos Gómez, no acto de presentación que se celebrou esta mañá no xardín do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona.
En pouco días darase o pistoletazo de saída a un programa que terá unhas citas ineludibles, como o Campionato de España de Pádel Surf que tamén se presentou hoxe e que se celebrará o próximo 27 de xuño. Tamén a tradicional carreira popular Andar e Correr,, a Travesia a nado, o Trialtlón Solidario,a Subida Cicloturista á Groba, o Trail de Montaña Serra dá Groba(dependendo da situación epistemológica sera semi virtual ou presencial xa que está prevista para o 31 de outubro) …un menú deportivo completo do que gozar do deporte e dos seus múltiples beneficios rodeados do mellor das contornas, o municipio de Baiona.
“A App “Baiona co Deporte” permitiranos gozar das citas deportivas tradicionais da vila dunha maneira segura. Ademais de ofertar un alternativa de deporte segura, todos estes eventos terán un compoñente solidario xa que todos os Quilómetros que realizan todas as persoas que participen nos distintos eventos serán trocados e destinados á ONG “Axuda ao Mundo Necesitado””, sinalou o rexedor. As persoas interesadas en participar en cada un dos evento poderano facer do 15 de xullo ao 15 de setembro para o que tan só é necesario descargarse a App “Baiona co Deporte” e empezar a sumar Quilómetros, xa sexa correndo, andando, nadando…
Tanto o Alcalde como a Concelleira de Deportes agradeceu ás moitas entidades privadas e publicas que colaboran cos distintos eventos xa que grazas ás súas importantes colaboracións é posible a organización os mesmos.
Está nova modalidade de deporte nace coa intención de fomentar e achegar un estilo de vida saudable, un espazo de lecer e deporte á cidadanía e tentar desenvolver un hábito deportivo entre a nosa poboación ofrecendo a posibilidade de coñecer e dominar un espazo que pola nosa características xeográficas e culturais é de vital importancia no noso municipio.
“O obxectivo deste axenda é recuperar o sorriso perdido que en parte borrounos o virus. O deporte é un piar básico para o desenvolvemento e a desestacionalización de Baiona. O que se pretende coa organización destes eventos como os que hoxe presentamos é romper, sempre desde un punto de vista seguro, con estes meses de reclusión que padecemos e empezar a diversificar a oferta cultural con actividades distintas que dinamicen e desestacionalicen os 12 meses do ano”, finalizou a súa exposición Gómez.
Esta nova oferta para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, supón un pistoletazo de saída e unha declaración de intencións nesta liña. Os eventos están pensados para gozar da nosa contorna e o gran potencial que ofrece os distintos emprazamentos da vila, idóneos para a práctica deportiva, sempre seguindo todas as medidas sanitarias segundo o protocolo anticovid, e supoñendo unha posta en valor dos distintos espazos da vila.
Baiona vai da man do deporte, dos hábitos saudables e goza de boa saúde
Desde o Concello de Baiona, ideouse unha fórmula semi virtual para que os veciños e veciñas interesados poidan participar en cada unha das probas. As persoas gañadoras destas edicións tan especiais serán as que realizan máis quilómetros en cada unha das modalidades.
O obxectivo da creación da nova APP “Baiona co deporte” é a organización destes eventos tan singulares da axenda deportiva Baionesa de forma segura xa que non se poñen límites para participar, unicamente ter ganas de practicas deporte, e por suposto, será obrigatorio o uso da máscara, manter as necesarias distancias de seguridade que marcan os protocolos COVID, para gozar dun momento de lecer e diversión en familia, percorrendo as rúas, paseos, montes ou ou calquera outro espazo de Baiona que permita realizar as distintas probas. Todo iso para fomentar a práctica deportiva de maneira segura.




