spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona participa esta fin de semana nos actos de conmemoración do 525...

Baiona participa esta fin de semana nos actos de conmemoración do 525 aniversario das Capitulacións dos Reis Católicos en Santa Fe de Granada

baiona-participa-esta-fin-de-semana-nos-actos-de-conmemoracion-do-525-aniversario-das-capitulacions-dos-reis-catolicos-en-santa-fe-de-granadaO alcalde e o conselleiro de Sanidade representan á Vila na celebración do punto de partida do Descubrimento

O Concello de Baiona participa durante esta fin de semana nos actos de conmemoración do 525 aniversario das Capitulacións dos Reis Católicos en Santa Fe. A celebración que se celebra en Santa Fe de Granada, pobo irmandado coa Real Vila, comezaron este venres e durarán toda a fin de semana.

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, encabeza a delegación municipal que este xoves trasladouse a terras andaluzas para conmemorar a firma do documento en 1492 que os Reis Católicos entregaron a Cristóbal Colón para autorizar a súa viaxe ao Novo Mundo. Xunto ao rexedor baionés viaxou tamén o conselleiro de Sanidade e excalde da Vila, Jesús Vázquez Almuiña.

A delegación baionesa participou a tarde do venres na homenaxe ao almirante Cristóbal Colón e no irmandamento entre o Instituto de América santaferino e a Casa de Colón de Gran Canaria. Ángel Rodal apuntou durante o seu discurso que con este acto “todos nos sentimos moi orgullosos dos nosos lazos que, sen dúbida, se manterán ata a eternidade”.

Baiona e Santa Fe de Granada, xunto con Palos de la Frontera, están irmandados pola súa relación co feito colombino e hai escasas semanas solicitaron á Casa Real a presenza dos Reis Católicos nos actos da Festa da Arribada de 2018, cando se celebrará o 525 aniversario da chegada da Carabela Pinta a Baiona.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.