spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona organiza un ciclo de cortometraxes contra a violencia de xénero

Baiona organiza un ciclo de cortometraxes contra a violencia de xénero

Baiona organiza un ciclo de cortometraxes contra a violencia de xéneroA Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller, en colaboración con CortoEspaña, organiza un ciclo ‘online’ de cortometraxes contra a violencia de xénero.

Trátase de seis traballos, premiados nacional e internacionalmente, que abordan, desde diferentes perspectivas, a violencia de xénero e as súas maneiras de combatela. As cortometraxes están dispoñibles para o seu visionado online desde hoxe 23 ata o 29 de novembro na páxina web do Concello de Baiona. Concretamente poderase acceder aos mesmos picando na actividade do calendario que ten por título “Corto contra a violencia de xénero”: https://www.premiosfugaz.com/ciclo-de-cortometrajes-contra-la-violencia-de-genero-concello-de-baiona/

Os obxectivos do ciclo son dar visibilidade e sensibilizar á cidadanía contra a violencia de xénero e  fomentar a reflexión entre a poboación máis nova das diferentes formas de violencia machista.  Os cortos integran contidos diversos: o empoderamento, a violencia machista, a igualdade de oportunidades, os estereotipos de xénero. Os títulos dos cortos que poderá visualizar a veciñanza na ligazón da páxina web municipal, baiona.gal, son:  “El Orden de las Cosas”,“No aguanto a tus padres “, “Míente”, “Recursos humanos” ,    “Del azul al rojo “ ,  “Libre directo”.

Ademais dos enlaces facilitouse material didáctico aos centros educativos para que o profesorado traballe a prevención da violencia.

Esta actividade está enmarcada dentro do IV Plan de Igualdade do Concello de Baiona.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.