spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona, novo monumento de devoción Xacobea en Baiona

Baiona, novo monumento de devoción Xacobea en Baiona

Baiona Camino PortuguésMoitos dos peregrinos que deciden calzarse as botas e realizar a Ruta Xacobea optaron polo “Camiño Portugues da Costa”, a gran maioría atraídos pola beleza da súa paisaxe, polas súas montañas, as pontes medievais, capelas, igrexas, cruceiros que confortan ao peregrino durante a súa ruta.

Durante a peregrinación no tramo de 9.7 km. de percorrido en Baiona, moitos destes peregrinos visitan especialmente a Ex Colexiata de Santa María, que conta con dúas tallas policromadas do apóstolo peregrino, o Cruceiro de Santisima Trindade e especialmente o antigo hospital de peregrinos Hospital Sancti Spiritus, onde lles chama a atención unha cruz situada sobre o pano de muro que acouta o xardín norte do antigo Hospital Sancti Spiritus coa súa fachada este.

Descoñecendo a súa simboloxía e coa inquietude propia dos responsables municipais, que xestionan este camiño, en dar resposta aos peregrinos procedeuse a investigar a súa procedencia con axuda da bibliotecaria municipal.

Despois de revisar a documentación histórica que obra en arquivos municipais púidose chegar á conclusión, especialmente polo libro de Alfonso Rodríguez Castelaso (As Cruces de Pedra na Galiza, de 1949), onde se verifica que este elemento ornamental é de gran relevancia pola súa simboloxía e enclave, xa que esta cruz antefija relaciónase coas vías de peregrinación europeas.

Este novo elemento de devoción Xacobea únese ás dúas tallas de pedra que se conservan no patio interior do antigo Hospital Sancti-Spiritus, onde unha representa a un peregrino e outra a unha esfinge do Apóstolo Santiago.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.